Sistema de Garantía de Calidade

O Sistema de Garantía de Calidade da Escola Internacional de Doutoramento ten carácter centralizado, isto é, abarca todos os programas de doutoramento oficiais adscritos á escola, sendo o noso programa un deles.




Política e obxectivos de calidade


A política e os obxectivos de calidade da EIDO derivan da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o do seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.



Política de calidade
  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, ás necesidades e ás expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nos seus programas, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, no espírito crítico e na innovación.
  • Fomentar e difundir a investigación como motor de avance do coñecemento e da mellora social.
  • Impulsar a mellora continua do Sistema de Garantía de Calidade da EIDO, incorporando os resultados dos procesos de seguimento e acreditación.
  • Promover a participación e implicación de todos os grupos de interese na mellora continua da calidade.
  • Potenciar a dimensión internacional dos programas de doutoramento.


Obxectivos de calidade
  • Garantir que o perfil de ingreso e os requisitos de admisión ao programa son adecuados e están ben definidos e comunicados.
  • Asegurar que o programa de formación responde ás necesidades dos/as doutorandos/as e ás demandas do contorno.
  • Supervisar o progreso e os resultados dos/as doutorandos/as e tomar as medidas necesarias para mellorar o seu rendemento.
  • Velar pola calidade das teses doutorais e a correcta aplicación dos criterios de avaliación.
  • Garantir a satisfacción dos distintos grupos de interese vinculados ao programa.
  • Promover a difusión pública dos resultados do programa.



Manual de calidade


É o documento principal do SGC, no cal se expón a política e os obxectivos de calidade, así como o seu alcance, e a estrutura organizativa e de responsabilidades en materia de calidade.


Ademais, precisa os procesos de funcionamento do SGC (e os procedementos que os describen).


Contén varios anexos, que poden evolucionar (actualizarse) de xeito independente ao manual.


Manual de Calidade (PDF)




Procedementos de calidade


Os procedementos describen os procesos de funcionamento do SGC, isto é, as actividades desenvoltas e as súas responsabilidades. Desenvolven e complementan o manual de calidade e poden incluír documentos anexos.


Incorporan referencias aos resultados e indicadores dos procesos que permiten analizar os datos para tomar as decisións oportunas. O seu modo de xestión descríbese en detalle no procedemento «XD-01: control dos documentos».




Procesos Estratéxicos



Procesos Clave



Procesos Soporte


X