Movilidade

A mobilidade dos doutorandos está regulada pola normativa de doutoramento da EIDO (UVIGO), a USC (art. 32) e a UDC (art. 18).

As estadías en centros de investigación, tanto nacionais como internacionais, son unha das principais oportunidades de mobilidade, especialmente a partir do segundo ano. Estas permiten enriquecer a formación académica, integrarse na comunidade investigadora, ampliar a rede de contactos e avaliar a aplicación das competencias adquiridas en investigación.

No programa DOMAR, as estadías considéranse actividades formativas externas con asignación de horas. Ademais, para obter a mención internacional é necesario realizar estadías durante, polo menos, tres meses.

Os destinos poden ser suxeridos polos directores de tese ou pola Comisión de Seguimento. Unha vez aceptado pola institución de destino, o/a doutorando/a debe solicitar autorización á Comisión Académica, presentando a solicitude asinada xunto coa carta de aceptación. Esta comisión é responsable de aprobar e recoñecer oficialmente as estadías. Non se considerarán válidas aquelas estadías que non fosen autorizadas previamente. Ao rematar, o/a doutorando/a debe presentar un certificado da institución receptora coa duración e as datas da estadía.

 

  • Oficina de Relacións Internacionais (UVIGO, UDC) ou o Servizo de Relacións Exteriores (USC): Facilita información relevante e asesoramento sobre programas e normativa de mobilidade, tanto para o alumnado que desexe cursar estudos ou realizar estadías de investigación noutras universidades como para o alumnado procedente doutras universidades e doutros países que vaia continuar a súa formación na nosa universidade.
  • Centros EURAXESS (Programa de Investigadores Visitantes) en UVIGO e USC: Facilita información relevante e asesoramento sobre programas e normativa de mobilidade para persoal investigador R1 (estudantes predoutorais) que desexe realizar estadías de investigación noutras universidades nacionais ou internacionais, así como para aquel persoal investigador R1 que desexe realizar unha estadía de investigación nas nosas universidades.

 

Máis información:

https://www.uvigo.gal/internacional/programas-mobilidade/estudantes/estudantes-saintes

X