4 anos a tempo completo desde a 1ª matrícula + 1 ano de prórroga.
7 anos a tempo parcial desde a 1ª matrícula + 1 ano de prórroga.
Requisitos
para a
presentación
A partir do curso 2026-27:
Ter desenvolvido actividades formativas propias e externas recoñecidas polo programa que sumen conxuntamente 800 horas.
Entre esas 800 horas, ter superado un mínimo de 200 horas de cursos de formación avanzada e formación transversal.
Ter publicado como primeiro asinante polo menos un artigo nunha revista de referencia no seu ámbito de investigación.
Ter informes favorables das avaliacións anuais e documento de actividades.
Ter o informe favorable da Comisión de Seguimento, director/a, directores/as e titor (non necesario no caso das universidades portuguesas).
1º
Solicitar o permiso da Comisión de Seguimento para o depósito da tese doutoral.
2º
Solicitar á Comisión Académica a aprobación do depósito da tese doutoral:
Acta de defensa de tese da comisión de seguimento
Un exemplar da tese en formato PDF
Documentación requirida para a mención internacional, se fose o caso
Documentación requirida para doutoramento industrial, se fose o caso
Documentación requirida para tese por compendio de artigos, se fose o caso
Documento de actividades do doutorando
Proposta da composición do tribunal (impresos relacionados)
Informes de avaliadores externos
3º
Presentación na Escola de Doutoramento correspondente de toda a documentación anterior, engadindo a autorización do depósito da Comisión Académica do programa.
4º
Exposición pública de 10 días hábiles:
Aprobación/denegación da defensa da tese por parte da Escola de Doutoramento
Aprobación/modificación/denegación do tribunal
5º
Introducir os datos na base TESEO.
6º
Defensa pública da tese antes de tres meses desde a aprobación da súa defensa.
Requisitos para a defensa da tese (a partir do curso 2026-27)
Ter desenvolvido actividades formativas tanto propias como externas das recoñecidas polo programa que sumen conxuntamente 800 horas.
Entre estas 800 horas, ter superado un mínimo de 200 horas de cursos de formación avanzada e formación transversal
Ter publicado como primeiro asinante polo menos un artigo nunha revista de referencia no seu ámbito de investigación.
Ter informes favorables das avaliacións anuais e documento de actividades.
Ter o informe favorable da Comisión de Seguimento, director/a, directores/as e titor (non necesario no caso das universidades portuguesas)
A normativa da lectura de tese depende da institución na que o/a doutorando/a estea matriculado/a.