O programa de Doutoramento “Marine Science, Technology and Management” (DOMAR) é un programa que nace dentro do CEI Campus do Mar. É un programa de doutoramento internacional e transfronteirizo que ofertan as universidades integrantes do Campus do Mar: en Galicia (España) as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e no norte de Portugal as universidades de Aveiro, Minho, Trás os Montes e Alto Douro e Porto.
Ademais destas universidades, a este programa de doutoramento únense os centros de investigación mariña do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) en Galicia: Instituto de Investigacións Mariñas e os centros oceanográficos da Coruña e Vigo do Centro Nacional do Instituto Español de Oceanografía.