As Actividades Formativas que o programa de Doutoramento DOMAR recoñece son:
|
ACTIVIDADE |
OBSERVACIÓNS |
HORAS RECOÑECIDAS |
|---|---|---|
|
CURSOS DOMAR CFA |
Cursos de Formación Avanzada (4 ECTS). Cada CFA equivale a 4 ECTS, incluíndo a actividade presencial (20–25 horas) e as actividades propias do alumno vinculadas á definición do curso (75–80 horas). | 100 h |
|
CURSOS DOMAR CFT |
Cursos de Formación Transversal (1 ECTS). Cada CFT equivale a 1 ECTS, incluíndo a actividade presencial (10–12 horas) e as actividades propias do alumno vinculadas á definición do curso (20 horas). | 25 h |
|
SEMINARIOS, WORKSHOPS, CURSOS DE INVESTIGACIÓN |
Recoñeceranse actividades autorizadas polo director de tese, sempre que estean relacionadas co contido da tese doutoral ou con aspectos de índole metodolóxica. Deben ser actividades dirixidas á investigación cun nivel equivalente aos CFA ou CFT (impartidos por doutores), ou xustificarse a súa conveniencia e calidade polo director de tese. | S/ horas na actividade
Excepcións: |
|
PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS EN CONGRESOS CIENTÍFICOS |
Valorarase a participación (non a simple asistencia) en congresos cunha alta consideración académica. Débese presentar certificado de asistencia e presentación do traballo. A equivalencia estará en función do nivel do congreso (nacional ou internacional). Tamén se puntuará a participación en congresos virtuais. | Congreso nacional: 25 h Congreso internacional: 50 hVirtuais: Nacional: 15 h Internacional: 30 h |
|
PUBLICACIÓNS INDEXADAS. JCR |
Esíxese un mínimo de 200 horas en publicacións. Esa é a ponderación para un artigo JCR. Cando o doutorando non sexa o primeiro asinante, penalizarase cun 20% menos. | Q1: 300 h Q2: 250 h Q3: 225 h Q4: 200 h |
|
OUTRAS PUBLICACIÓNS INDEXADAS |
No caso de revistas non indexadas no JCR aplicarase un coeficiente corrector de 0,50, sempre que a revista teña establecido un proceso de revisión anónima, ou de 0,75 se, tendo un proceso de revisión anónima, o artigo está escrito nunha lingua de interese científico, en particular, en lingua inglesa. Cando o doutorando non sexa o primeiro asinante, penalizarase cun 20% menos. | Entre 100 e 150 h |
|
LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBRO |
Valorarase a participación do alumno na publicación de libros completos ou capítulos de libro. Deben ser publicados por editoriais recoñecidas. Cando o doutorando non sexa o primeiro asinante, penalizarase cun 20% menos. | Internacional: L 300 h; c.p. 200 h Nacional: L 100 h; c.p. 50 h Local: L 30 h; c.p. 10 h |
|
PATENTES |
Valorarase a participación activa do alumno no desenvolvemento dunha patente. | En explotación: 200 h En desenvolvemento: 50 h |
|
ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN |
Deberá acreditarse documentalmente a estancia e ter o visto bo do director. Considerarase como colaboración aquelas estancias realizadas en institucións de Galicia. Non se considerarán estancias as realizadas na universidade na que o alumno está matriculado, ou á que pertence o seu director/a principal. Débese solicitar autorización previa á Comisión Académica. | Estancias de formación: 40 h/semana · 8 h/díaColaboración: 4 h/semana Máx. 30 p.m. (para colaboracións continuas de máis dunha semana) |
|
CAMPAÑAS OCEANOGRÁFICAS |
Debe haber certificación da actividade e ser autorizada polo director da tese. Os resultados principais incluiranse na avaliación anual ou farase unha memoria de resultados. Débese solicitar autorización previa á Comisión Académica. | 40 h/semana 8 h/día |
|
ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA |
Debe presentarse unha certificación da actividade e estar autorizada polo director de tese. | Máx. 15 h total |
|
STUDENT’S DAY |
Valorarase a asistencia a, polo menos, un evento Student’s Day durante o período do doutoramento. | 50 h |
|
PREPARACIÓN E DEFENSA ANUAL DE PLANS DE INVESTIGACIÓN |
Valorarase se o alumno obtén avaliacións positivas tanto do plan de investigación como das avaliacións anuais. | 100 h |