DOMAR ofrece cursos de Formación Avanzada (CFA) e Formación Transversal (CFT), incluídos na matrícula do programa de 14 ECTS que se impartirán ao longo do período de tese. O alumno deberá xustificar, ao final do período de tese, que superou un mínimo de 350 horas (14 ECTS) de actividades formativas, das cales 8 ECTS deben ser CFA de DOMAR e o resto poden ser CFA e CFT e/ou cursos de formación complementarios con nivel equivalente aos CFA ou CFT (impartidos por doutores e de duración equivalente).
A oferta de cursos DOMAR é bianual e cobre materias das 4 orientacións deste programa. Cada ano ofreceranse unha serie de Cursos de Formación Avanzada e Transversal en función da temática das teses en curso e das propostas de doutorados e directores.