Criterios de admisión

Los estudantes que desexen inscribirse neste Programa de Doutoramento deberán presentar a súa solicitude conforme ás normas de admisión e matrícula establecidas por cada unha das universidades participantes. Para iso, as persoas solicitantes deberán cumprir cos requisitos esixidos e achegar a documentación acreditativa correspondente.

 

Unha vez comprobado que o candidato ou a candidata cumpren os requisitos administrativos, a Comisión Académica procederá á selección e admisión dos candidatos e das candidatas. Este proceso de selección seguirá os principios OTM-R (Open, Transparent, Merit-based recruitment), que buscan asegurar que as persoas candidatas sexan avaliadas de maneira xusta e obxectiva, sen discriminación e seguindo procedementos claros que fomenten a igualdade de oportunidades.

 

A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:

  • Expediente académico dos estudos de grao, ponderado pola media da titulación (25%)
  • Expediente académico dos estudos de máster, ponderado pola media da titulación (15%)
  • Experiencia investigadora previa (20%)
  • Experiencia profesional no ámbito do programa de doutoramento (10%)
  • Coñecemento de idiomas, incluíndo niveis de inglés superiores ao esixido (B1) ou outros idiomas (5%)
  • Aval dun investigador/a doutor/a indicando (i) a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa e (ii) que pode exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso (15%)
  • Entrevista persoal (10%)

 

Para ser admitido no programa de doutoramento debe acadarse unha porcentaxe mínima do 60%. A Comisión Académica poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Tamén poderá realizar entrevistas persoais sobre os méritos alegados, se o considera oportuno.

X