|
2.1 COMPETENCIAS BÁSICAS OU XERAIS |
|
BÁSICAS (RD 99/2011 modificado polo 576/2023) |
| CB1 – Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito ámbito. |
| CB2 – Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación. |
| CB3 – Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal. |
| CB4 – Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas. |
| CB5 – Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional. |
| CB6 – Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento. |
| CB7 – Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común. |
|
CAPACIDADES E DESTREZAS PERSOAIS (RD 99/2011) |
| CA1 – Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica. |
| CA2 – Atopar as preguntas clave que hai que responder para resolver un problema complexo. |
| CA3 – Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novedosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento. |
| CA4 – Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar. |
| CA5 – Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada. |
| CA6 – A crítica e defensa intelectual de solucións. |
|
OUTRAS COMPETENCIAS |
| OC1 – Adquisición de habilidades na análise e resolución de problemas complexos relacionados co ámbito mariño. |
| OC2 – Capacidade para a dirección e execución de proxectos de investigación e transferencia tecnolóxica relativos ao medio mariño. |
| OC3 – Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos científicos. |
| OC4 – Desenvolvemento de habilidades no manexo e desenvolvemento de ferramentas analíticas complexas, como as matemáticas, estatísticas ou informáticas. |
| OC5 – Desenvolvemento de habilidades de transferencia de coñecemento, usando diferentes ferramentas ou soportes de presentación e difusión. |
| OC6 – Desenvolvemento da capacidade de reflexión global desde diferentes perspectivas de coñecemento e actividade sobre responsabilidades sociais e éticas. |
| OC7 – Desenvolvemento das capacidades de reflexión sobre implicacións da xestión sobre o desenvolvemento sostible. |