Actividades formativas

As Actividades Formativas que o programa de Doutoramento DOMAR recoñece son:

 

CURSOS DOMAR CFA

Cursos de Formación Avanzada (4 ECTS)

CURSOS DOMAR CFT

Cursos de Formación Transversal (1 ECTS)

SEMINARIOS, WORKSHOPS, CURSOS DE INVESTIGACIÓN

Recoñeceranse actividades autorizadas polo director de tese, sempre que estean relacionadas co contido da tese doutoral ou con aspectos de índole metodolóxica. Deben ser actividades dirixidas á investigación con nivel equivalente aos CFA ou CFT (impartidos por doutores e de duración equivalente).

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS EN CONGRESOS CIENTÍFICOS

Valorarase a participación (non a simple asistencia) en congresos con alta consideración académica. Deberase presentar certificado de asistencia e participación, onde conste o traballo presentado. Deberá haber autorización do director de tese.

PUBLICACIÓNS INDEXADAS. JCR

Para poder presentar a tese doutoral, a ou o doutorando/a deberá ter publicado polo menos un artigo JCR. Aqueles alumnos matriculados no plan novo (2018 en diante) deberán ademais ser primeiro autor do traballo.

OUTRAS PUBLICACIÓNS INDEXADAS

Outras publicacións non JCR pero indexadas propóñense coeficientes correctores entre 0,50 e 0,75 dun JCR en función doutros indicios de calidade.

LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBRO

Valorarase a participación do alumno na publicación de libros completos ou capítulos de libro. Deben ser publicados por editoriais recoñecidas.

PATENTES

Valorarase a participación activa do alumno no desenvolvemento dunha patente.

ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN

Débese solicitar autorización previa á Comisión Académica. Débese solicitar autorización previa á Comisión Académica.

CAMPAÑAS OCEANOGRÁFICAS

Debe haber certificación da actividade e ser autorizada polo director da tese. Debe haber unha memoria de resultados ou ser incluídos os resultados fundamentais no Plan Anual de Investigación do alumno.

STUDENT’S DAY

Valorarase a asistencia a, polo menos, un evento Student´s day durante o período do doutoramento.

PREPARACIÓN E DEFENSA ANUAL DE PLANS DE INVESTIGACIÓN

Recoñécense un total de 100 h por todas as avaliacións positivas dos Plans Anuais de Investigación.

O Programa de Doutoramento DOMAR oferta cursos de Formación Avanzada (CFA) e Formación Transversal (CFT), incluíndo na matrícula 14 ECTS a cursar ao longo do período de tese (ver cursos DOMAR). Estas actividades formativas do DOMAR serán multidisciplinares e flexibles de forma que o alumnado, supervisado polos seus directores/as poderá escoller os cursos a realizar de toda a oferta formativa que mellor se adapten á súa liña de traballo.

X