Uso Sustentable dos Recursos Mariños

Os acordos internacionais acerca da xestión dos recursos mariños subliñan a necesidade de alcanzar o desenvolvemento sustentable das actividades mariñas a través, entre outros, do uso sustentable dos seus recursos. Tendo en conta estes antecedentes, a Comisión Europea expresa no Libro Verde sobre a Política Marítima da Unión, a necesidade de instaurar unha política marítima global destinada ao desenvolvemento dunha economía eficiente e ecoloxicamente sustentable, que estimule o crecemento e o benestar social, incluíndo a creación de novos e máis cualificados postos de traballo. Para iso considera que, non só é necesario conservar adecuadamente os recursos mariños vivos, senón que é preciso manter e mellorar o estado do recurso e do propio océano. Todo isto implica un claro paso cara a unha xestión baseada nos ecosistemas e apoiada no coñecemento científico. A Directiva marco sobre a estratexia mariña establece a necesidade de alcanzar un estado ecolóxico satisfactorio dos mares promovendo a súa utilización sustentable e protexendo os ecosistemas mariños, xa que o medio mariño é un patrimonio valioso que ten que ser protexido, conservado e, cando sexa viable, rehabilitado, co obxecto final de manter a biodiversidade e preservar o funcionamento dos ecosistemas mariños.

Xestión e uso dos recursos

  • Liña 2.1: Investigación dos recursos baseada no coñecemento dos ecosistemas. Xestión europea e internacional baseada no coñecemento dos ecosistemas, taxonomía, biodiversidade, estado e relacións tróficas, distribución, reprodución, estudo dos ecosistemas e a súa conservación, interaccións entre especies e uso do hábitat.
  • Liña 2.2: Avaliación do estado ecolóxico dos sistemas oceánicos. Avaliación integrada de ecosistemas, bioindicadores, planificación, recuperación, produción, eutrofización, modelado, índices ecolóxicos.
  • Liña 2.3: Avaliación de recursos pesqueiros e marisqueiros. Ecoloxía das pesqueiras, dinámica de poboacións, bioloxía de especies explotables, xenética de poboacións, reprodución, identificación de stocks, xestión de recursos, modelización de procesos en poboacións.
  • Liña 2.4: Avaliación de recursos xeolóxicos. Morfodinámica sedimentaria, avaliación e explotación de recursos xeolóxicos, minerais e enerxéticos, hidratos de gas, nódulos mariños, praceres mariños, métodos acústicos e xeofísicos, análises sísmicos.
  • Liña 2.5: Economía, lexislación e xestión dos recursos mariños. Estudo de modelos bio-económicos, xestión de pesqueiras, dereitos de explotación, economía das pesqueiras, sustentabilidade dos recursos, regulación da pesca, estratexia económica de explotación, ganancias e custos, xestión de licenzas, desenvolvemento de procesos, valoración económica dos recursos, participación, gobernanza.
  • Liña 2.6: Tecnoloxía aplicada á xestión dos recursos. Comunicacións e posicionamento subacuático na extracción de recursos, monitoraxe de recursos, localización subacuática, comunicacións vía satélite, optimización de rutas, modulación de comunicacións subacuáticas, sistemas embebidos.
  • Liña 2.7: Avaliación do impacto da explotación dos recursos. Estudo de descartes pesqueiros, tallas mínimas, impacto económico e social da explotación de recursos, planificación e xestión de áreas protexidas, políticas públicas de regulación, preferencias sociais de consumo, avaliación de danos, medidas de mitigación de impacto, avaliación do impacto local e rexional, avaliación e xestión de riscos naturais e tecnolóxicos.

Acuicultura

  • Liña 2.8: Ecoloxía mariña e cultivos. Especies cultivables, biomarcadores, cultivo larvario, impacto ambiental da acuicultura, metaxenómica, bioinformática, modelos bioeconómicos.
  • Liña 2.9: Alimentación e nutrición en acuicultura. Estudo e investigación en encimas, proteínas, péptidos, probiótica, estudos de nutrición, balance enerxético, composición bioquímica de pensos, metabolismo enerxético, seguridade alimentaria, regulación metabólica do alimento, acuicultura orgánica.
  • Liña 2.10: Benestar animal. Tensión das especies cultivadas, neurotransmisores, tóxicos, anestésicos, enfermidades, parasitos, aspectos éticos.
  • Liña 2.11: Biotecnoloxía aplicada á acuicultura. Proteómica, xenómica, xenética molecular, bioinformática, vacinación, probióticos, antipatoxénicos. Tamén investigación en automatización de procesos, adquisición de datos, algoritmos de control, sistemas de supervisión, sistemas expertos, visión artificial e as súas aplicacións en produción e transformación, control de calidade, inspección automática, procesado en tempo real, cálculo de peixe, detección temperá, mostraxe automática, estimación de biomasa.
  • Liña 2.12: Floracións algais nocivas e biotoxinas mariñas. Transportadores ABC, procesos de desintoxicación, sustancias tóxicas, especies que xeran biotoxinas, depuración de augas e organismos, cistes de resistencia, danos ao ADN, tipos de biotoxinas, filoxenia das especies, pigmentos, metabolismo das biotoxinas.
  • Liña 2.13: Patoloxía e inmunoloxía de organismos en cultivo. Inmunoloxía e patoloxía aplicada, sistemas de diagnóstico, virulencia, vacinación, resposta inmune, mecanismos de defensa, epidemioloxía, toxicoloxía, tratamentos.
  • Liña 2.14: Economía, lexislación e xestión da acuicultura. Tendencia de prezos, viabilidade económica, sistemas reguladores, industrias e institucións, financiamento, estratexias e innovación, plans de cooperación.
  • Liña 2.15: Xenética e xenómica aplicada á acuicultura. Xenómica, transcriptómica, secuenciación, filoxenia, microarrays, proteómica, expresión xénica, evolución, variabilidade, xenética de poboacións, programas de selección, mapas xenéticos, clonación, citoxenética, adaptación.

Transformación e valorización

  • Liña 2.16: Novos produtos de orixe mariña. Metodoloxía, xestión e produción de novos produtos mariños como algas, esponxas, tunicados, coláxeno, quitina, omega 3 e afronta conceptos como a viabilidade comercial, aplicacións médicas, sustancias antitumorais, antibióticos, fermentación, aplicación de encimas.
  • Liña 2.17: Trazabilidade, calidade e seguridade dos alimentos mariños. Estudo de proteínas alerxénicas, citotoxicidade, trazabilidade xenética, monitoraxe, calidade e seguridade, identificación molecular de especies, marcadores moleculares, delitos contra a saúde pública, contaminantes persistentes.
  • Liña 2.18: Mercados, redes comerciais e valorización de produtos do mar. Estudos de mercado, a internacionalización, estratexias corporativas, preferencias do consumidor, políticas públicas, canles de mercadotecnia, novas especies.
  • Liña 2.19: Obtención, xestión e valorización de subprodutos mariños dende a súa extracción até a comercialización.

X