Observación do Océano e Cambio Global

O océano desempeña un papel central na regulación do clima e dos ciclos bioxeoquímicos globais. Dende a Revolución Industrial, este papel sufriu importantes alteracións que teñen un gran impacto no seu funcionamento: o quecemento global asociado ao incremento da concentración de gases de efecto invernadoiro na atmosfera terrestre provocou cambios significativos na circulación de materia e enerxía do océano. Ademais, e no contexto do cambio global, prevese un incremento do nivel do mar entre 40 e 80 cm para o 2100 (IPCC, AR6, 2021), o que terá importantes implicacións sociais xa que preto dun 50% da poboación mundial vive na zona costeira. Os océanos actúan tamén como provedores de servizos e recursos de enorme transcendencia para o desenvolvemento das poboacións humanas. Por todo isto, mellorar o coñecemento sobre o océano e o seu funcionamento é crucial no futuro desenvolvemento da humanidade, sendo a observación do océano un paso clave nesta dirección que xa aparece integrado nos principais programas internacionais de investigación e xestión ambiental.

Observación do océano

  • Liña 1.1: Oceanografía Física. Estudo da circulación oceánica de gran escala e costeira, incluíndo masas de augas, mareas, entre outros fenómenos oceanográficos, con base en diferentes métodos de observación e de análise.
  • Liña 1.2: Oceanografía Química. Estudo dos ciclos bioxeoquímicos, a síntese de produtos naturais, o estudo da materia orgánica no océano, a contaminación química, o ciclo dos nutrientes, os gases efecto invernadoiro e a interacción océano-atmosfera.
  • Liña 1.3: Oceanografía Xeolóxica. Estudo da morfodinámica costeira, a paleoclimatoloxía, paleoecololoxía, paleontoloxía, bioestratigrafía e paleografía, a estratigrafía, sedimentoloxía, gas, a evolución das marxes continentais, o vulcanismo.
  • Liña 1.4: Oceanografía Biolóxica. Taxonomía e ecoloxía do plancto, bentos e necton dende a zona intermareal aos mares profundos, o estudo das cadeas tróficas, a produción primaria e secundaria, os ciclos de vida, a dinámica das poboacións, a bioxeografía e as especies invasoras.

Sistemas e Tecnoloxías para a observación do océano

  • Liña 1.5: Teledetección. Engloba dende o desenvolvemento de sensores ao procesado do sinal, patróns de recoñecemento, análise de imaxes satelitais, espectroscopia.
  • Liña 1.6: Redes de Observación. Inclúe a oceanografía operacional, a análise de series temporais, plataformas de monitoraxe autónomas, a intelixencia artificial, radares de alta frecuencia e aboias oceánicas.
  • Liña 1.7: Equipamentos e sensores. Desenvolvemento de plataformas de monitoraxe autónomas, intelixencia artificial, radares de alta frecuencia e aboias oceánicas.

Cambio global

  • Liña 1.8: Impacto sobre a costa, hidrografía e dinámica dos océanos. Estudos sobre o incremento do nivel do mar e o seu efecto na costa, da temperatura, variacións na salinidade, modelos numéricos preditivos e estudos temporais, entre outros.
  • Liña 1.9. Impacto sobre os ciclos bioxeoquímicos. Análise do efecto do cambio global nos ciclos do carbono, nutrientes, no metabolismo, a produción primaria, respiración.
  • Liña 1.10. Impacto sobre a biodiversidade. Dende fitoplancto e zooplancton, a organismos bentónicos e peláxicos, dende poboacións a comunidades, especies invasoras, con especial énfase no seu seguimento e modernización.
  • Liña 1.11. Impacto sobre as redes tróficas. Análise das alteracións das redes tróficas mariñas debidas ao cambio climático. Como os cambios na temperatura, salinidade, etc., alterarán a estrutura das cadeas tróficas (número e tipo de especies e/ou interaccións entre especies) debido ao impacto diferencial que estes cambios terán na dispoñibilidade de alimento, hábitat, depredadores, etc. dos seus compoñentes.
  • Liña 1.12. Impacto sobre os recursos explotables. Organización rexional das zonas pesqueiras, globalización e dereitos sobre os recursos, acordos bilaterais e multilaterais de explotación, avaliación zonas pesqueiras e marisqueira, dinámica de poboacións explotables.
  • Liña 1.13: Avaliación legal e económica do cambio global. Impacto macroeconómico do cambio climático, reformas nas taxas e impostos ambientais, políticas sociais, efecto do quecemento global na explotación de zonas pesqueiras, servizos e valor dos ecosistemas, efecto da erosión costeira nas áreas de interface terra-mar, instrumentos e políticas de mitigación e adaptación ao cambio climático.

X