16 Abr Segue aberto o prazo de inscripción ó IX WORKSHOP INTERNACIONAL EN TECNOLOXÍA MARIÑA “MARTECH 2021” que organiza o Campus do Mar
Entre os días 16 e 18 de xuño de 2021 terá lugar o Workshop MARTECH 2021 cuxo obxectivo principal é compartir información e puntos de vista sobre a investigación de vangarda en varios campos da Tecnoloxía mariña. MARTECH é un punto de encontro renovado internacionalmente para a difusión da investigación en tecnoloxía mariña dende o ano 2008.
Podes rexistrarte para participar na súa 9º edición que se realizará virtualmente para garantizar a saúde de tódolos participantes. MarTech 2021 está organizado polo Campus de Excelencia Campus do MAR (Universidade de Vigo) e pola Universitat Politècnica de Catalunya (UPC) co apoio do IEEE Spanish Chapter of the Oceanic Engineering Society.
O Comité do Programa invita a todas e todos os interesados a participar e para iso xa se pode efectuar a inscripción. O evento desenvolverase de xeito online aproveitando as facilidades que brindan as ferramentas TIC e que ofrece o mundo dixital. Tódolos participantes terán dereito ó material do Workshop, acceso a plataforma online para participar nas sesións e certificado de asistencia e comunicación, no caso de participar con resumos.
As temáticas desta nova edición serán as seguintes:
•Oceanografía operativa
• Instrumentación, Metroloxía, Procesamento de sinais
• Observatorios do fondo mariño e redes de sensores
• Observatorios, teledetección
• Robótica mariña: ROV, AUVs, ASVs e Gliders
• Imaxes e comunicación submariña
• Caracterización do lecho mariño e columna de auga
• Tecnoloxía para a bioloxía mariña e acuicultura
• Enerxías renovables
• Embarcacións de investigación costeiras, rexionais e offshore e plataformas
• Tecnoloxía e solucións de xeofísica mariña
• Interoperabilidade de datos mariños e fluxo de datos
• Tecnoloxías para un dragado sostible
• 2020 coma punto entre opasado e o futuro
Convídase a investigadores e tecnológos a enviar resumos breves xunto cos nomes dos autores, afiliación, título do artigo, descripción do traballo e palabras clave. Tódalas presentacións deben facerse electrónicamente a través do sitio web da conferencia. Todos os autores que enviaran un resumo deberán envialo de novo. Os resumos revisaránse polo Comité Técnico do Programa. Os autores dos resumos aceptados deben rexistrarse no Workshop. Unha tasa de rexistro completa cubre a publicación de hasta dous resumos sobre as actas do Workshop (ISSN 1886-4864 DLB-32814-2006) e a asistencia ó mesmo.
Pódese obter máis información na páxina web do evento http://www.martech-workshop.org