BIOCENPLAS, innovación sostenible y respetuosa en el sector de la pesca

BIOCENPLAS, innovación sostenible y respetuosa en el sector de la pesca

O proxecto BIOCENPLAS, acrónimo de Biorrefinería centralizada para a valorización de efluentes do sector transformador de peixe en forma de bioplásticos,  ten como finalidade aproveitar os residuos orgánicos (tanto sólidos como líquidos) que xenera a industria transformadora da pesca para obter bioplásticos, concretamente polihidroxialcanoatos (PHA).

Está liderado por ANFACO-CECOPESCA, mirou a luz o pasado 30 de decembro e conta con un consorcio formado por Cetaqua, Centro Tecnolóxico da Auga, e investigadores do Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e o proxecto está co financiado polos fondos de resiliencia Next Generation da UE a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA)

BIOCENPLAS surxe para asegurar a Industria transformadora da pesca, é dicir, conserveiras, cocedoiros, produtos elaborados, conxelados, etc. que, con o emprego da biotecnoloxía, os efluentes residuais e subprodutos que se xenaran, cuxo tratamento supón un custe económico e social, son potenciais materias primas para a produción de materiais biodegradables aplicables como substitutos do plástico tradicional. A raíz da diminución da produción de residuos e o consumo enerxético, BIOCENPLAS contribuirá a mellorar a sostenibilidade do sector.

Proceso a seguir

Na primeira etapa, a materia orgánica do residuo é convertida en ácidos graxos volátiles, que son o alimento do cultivo microbiano e permiten acumular o biopolímero no interior das células microbianas. Posteriormente dito biopolímero, unha vez extraído da biomasa acumuladora, será convertido a un bioplástico para ser empregado como material alternativo a plásticos convencionais de amplo uso en alimentación como o polipropileno (PP) e polietilenos (LDPE y HDPE).

Debe resaltarse que a principal ventaxa deste proceso é que os bioplásticos producidos se poden xestionar xunto con outros residuos orgánicos ao degradarse no medio ambiente uns meses despois, ao contrario que os plásticos convencionais, que poden necesitar centos de anos para completar o proceso e son responsables dunha importante contaminación química, afectando aos seres vivos próximos. A sustitución dos plásticos convencionais por bioplásticos reducirá significativamente o impacto ambiental que estes materiais teñen a día de hoxe, producindo tamén un beneficio social.

As empresas interesadas en poñer en valor seus residuos e que apoian este proxecto son Nova Pescanova, Pescados Rubén, Ignacio González Montes, Atunlo ou Mejillones Nidal, entre outras.

Na actualidade, se están a xerar PHA de outros subprodutos como os agrícolas, é dicir, a partir de carbohidratos; sen embargo BIOCENPLAS é pioneiro en xenerar biopolímeros a partir de correntes máis ricas en proteínas, propiciando unha composición final de biopolímeros distinta e, por tanto, das súas potenciais aplicacións.

BIOCENPLAS busca polo tanto apoiar as empresas do sector na súa aposta pola economía circular e a sostenibilidade, reducindo o uso de plástico tradicional e buscando alternativas técnicas, económicas y ambientalmente viables. Deste xeito, se poderán cubrir mellor as necesidades empresariais, xa que a actual crise de materiais pon de relevo a importancia da produción in situ das materias primas críticas na cadea de valor de todo produto, incluídos os produto alimentarios.

En definitiva, BIOCENPLAS supón un impulso cara a innovación na industria transformadora da pesca, priorizando a sostenibilidade e o respeto polo medioambiente.

 

Fonte: RETEMA



X