Progreso Tecnolóxico, Enxeñaría e Xestión Empresarial

O obxectivo desta orientación é deseñar e desenvolver sistemas e modelos que permitan situar ás empresas do sector mariño e marítimo entre as máis avanzadas tecnoloxicamente e competitivas nun contexto internacional Así, as empresas deste sector da rexión de influencia do Campus do Mar, deberían ser pioneiras na adopción de solucións tecnolóxicas novas para a xestión e a produción, que poidan ser exportadas ao resto do mundo. Isto suporía non só un impulso para a eficiencia e a competitividade das empresas do sector do transporte marítimo, a pesca, a acuicultura, a transformación ou a construción naval por pór algúns exemplos, senón tamén para as empresas do sector tecnolóxico que poidan explotar nun ámbito internacional as ideas e produtos desenvolvidos baixo a protección dunha patente. O sector marítimo comprende actividades moi diversas: deseño e construción de todo tipo de buques, plataformas e artefactos navais; desenvolvemento de equipos para instalación en buques; transporte marítimo; infraestruturas marítimas, en particular os servizos portuarios e explotación dos recursos mariños, incluíndo a operación de artefactos navais dedicados á pesca, á acuicultura e á extracción doutros recursos do mar. Estas actividades xogaron historicamente un papel estratéxico na actividade económica da rexión e, aínda que en moitos casos como na construción naval, existe unha tradición de liderado tecnolóxico, é necesario trasladar este rol a outros campos de actividade do sector. Esta orientación inclúe liñas de investigación cuxos resultados poidan achegar un valor engadido en diferentes ámbitos dos procesos de extracción e transformación de recursos alimentarios mariños, potenciando a calidade e seguridade dos alimentos que se producen e reducindo os custos de produción.

Infraestructuras portuarias, xestión e transporte marítimo

  • Liña 4.1: Proxectos e deseño de obras marítimas. Loxística e seguridade. Control de tráfico portuario, seguridade en instalacións portuarias, competencias en materia de contaminación en portos, instalacións e estruturas portuarias, trazabilidade en portos, detección de embarcacións e persoas, sistemas de información xeográfica na xestión ambiental e seguridade nos portos. Agrupa materias como o modelado numérico de contaminación, mapeo de contaminantes en portos, influencia das estruturas na hidrodinámica, aplicación dos sistemas de información xeográfica.
  • Liña 4.2: Gobernanza en portos e actividades marítimas. Inspeccións marítimas, salvamento, protección e seguridade marítima, sistemas de gobernanza, xestión de institucións, marcos de regulación, organización de portos, gobernanza multinivel, traballo en rede, portos de abrigo.
  • Liña 4.3: Comunicacións, control e sinalización no mar. GMDSS, GSM, comunicacións subacuáticas, protocolos de rede, radio-software, comunicacións seguras, encriptación, barreiras lingüísticas, inglés marítimo, influencia da meteoroloxía sobre as comunicacións.
  • Liña 4.4: Transporte marítimo, plataformas loxísticas e intermodalidade. Cadeas de subministración, intermodalidade, competitividade global, lobbies, deseño e planificación de terminais, autoestradas do mar.

Xestión e dereito do mar

  • Liña 4.5: Xestión da empresa marítima: Dereito de sociedades. Mercado e relacións internacionais. Dirección estratéxica, estratexia competitiva e corporativa, xestión de negocios marítimos, regulación legal, dereitos e deberes, oportunidades legais, auditorías, dereito societario, cooperativismo, contratos de xestión de buques, seguros marítimos, dereito marítimo e as súas reformas, a internacionalización, acordos de cooperación, compañías marítimas internacionais, mercado común, libre circulación de bens, globalización. Inclúe tamén marca e mercadotecnia de produtos mariños, creación de valor, denominación de orixe, competencia desleal, investigación de mercados, marcas, distribución e comunicación.
  • Liña 4.6: Recursos humanos en actividades marítimas. Dereito laboral. Responsabilidade social corporativa, sistemas de control e incentivos, dereito laboral en actividades marítimas, cooperativas de traballo asociado, recursos humanos e educación, educación e formación.
  • Liña 4.7: Avaliación financeira e planificación. Política fiscal, sustentabilidade financeira, seguros e mutuas, estratexias financeiras, eficiencia financeira.
  • Liña 4.8: Competitividade e sustentabilidade. Redes de coñecemento e innovación en actividades marítimas. Estratexia competitiva, análise estratéxica, innovación, xestión da innovación verde, responsabilidade social corporativa, xestión enerxética. Aborda coñecementos en redes tecnolóxicas e asociacións, traballo en rede, redes industriais, desenvolvemento rexional, clústeres de innovación, capital intelectual, xestión do coñecemento marítimo, sistemas de e-learning e redes sociais no ámbito marítimo pesqueiro, divulgación científica, ensino electrónico multiplataforma.

Enerxía

  • Liña 4.9: Enerxías alternativas. Avaliación de enerxías renovables, enerxía eólica, modelado enerxético, enerxía mareomotriz, hidratos de gas, enerxía fotovoltaica, enerxía das ondas, biodiesel de microalgas, gas natural.
  • Liña 4.10: Sistemas de abastecemento de enerxía eléctrica. Conversión multifásica, controladores eléctricos, transmisión e distribución da electricidade, seguridade das subministracións, capacidade e adecuación.
  • Liña 4.11: Economía e eficiencia enerxética. Regulación. Política enerxética. Mercado eléctrico, análise cuantitativa da enerxía, demanda enerxética, seguridade enerxética, regulación pública, impostos e taxas, dereitos de emisión, modelos de simulación, políticas enerxéticas. Inclúe, entre outros, campos de estudo relacionados coa enxeñaría termodinámica, análise de procesos enerxéticos, conversión de enerxías, xestión enerxética, políticas de eficiencia enerxética, certificados e instrumentos de eficiencia enerxética.

X