O Campus do Mar participa por segundo ano consecutivo no Foro Empleo que organiza a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Uvigo

O Campus do Mar participa por segundo ano consecutivo no Foro Empleo que organiza a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Uvigo

¿Qué é o Foro Empleo? É unha oportunidade real de traballo. Trátase dun primeiro contacto entre estudantes e/ou recen titulados que perseguen un primeiro contacto co mundo laboral. Está feito por e para estudantes onde as empresas e institucións a gran escala poden descubrir o talento de novas xeracións. Isto permite contribuir á inserción de traballo de estudantes, ademáis de proporcionar as empresas e institucións comprometidas co talento das novas xeracións unha oportunidade para capturar profesionais futuros altamente cualificados, mellorando o auto-emprego, o emprendedorismo e dando a coñecer novas saídas profesionais.

O evento está organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo en colaboración co propio Consello Social da Universidade e o Concello de Vigo.

Nesta ocasión participan 39 empresas e institucións de moi diferentes sectores tendo especial representación as organización que ofertan servicios de auditoría, consultaría de negocio, asesoramento legal, fiscal e financeiro, farmacéuticas, pesqueiras, conserveiras, distribuidoras ou mesmo moda.

O Campus do Mar participa por segundo ano consecutivo neste foro dando a coñecer os proxectos e iniciativas que está a desenvolver así como as diferentes oportunidades que ofrece o ámbito mariño-marítimo no que se refire á formación académica e profesional. Así mesmo, hoxe venres 26 de Marzo, Andrea Ogando, xestora do grupo REDE da Uvigo impartiu no marco deste foro o relatorio: “Sherpa do Mar: impulso do emprendemento de base tecnolóxica no ámbito mariño-marítimo”. Sherpa do Mar é un proxecto integrado no Programa de cooperación transfronteriza INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) dende 2014 ata 2020, cofinanciado nun 75% por Fondo FEDER e que está a ser coordinado dende a Uvigo grazas o traballo do grupo REDE, a Oficina de I+D e o Campus do Mar.

Nesta presentación Andrea deu a coñecer, ademáis dos principais obxectivos do proxecto e do seu alcance, o programa de emprendemento “Sherpa Journeys” que leva xa algúns meses de traxectoria e grazas o cal estase a axudar a emprendedores e mesmo empresas de cara a mellorar o seu funcionamento mediante o apoio científico e técnico de alto nivel.

Fonte: propia.



X