{"id":21018,"date":"2022-04-28T10:14:09","date_gmt":"2022-04-28T08:14:09","guid":{"rendered":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/?p=21018"},"modified":"2022-04-28T10:15:46","modified_gmt":"2022-04-28T08:15:46","slug":"reducir-emisions-reformar-a-pesca-de-captura-e-expandir-a-maricultura-son-segundo-expertos-internacionais-as-claves-para-incrementar-a-producion-de-alimentos-marinos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/reducir-emisions-reformar-a-pesca-de-captura-e-expandir-a-maricultura-son-segundo-expertos-internacionais-as-claves-para-incrementar-a-producion-de-alimentos-marinos\/","title":{"rendered":"Reducir emisi\u00f3ns, reformar a pesca de captura e expandir a maricultura, son, segundo expertos internacionais, as claves para incrementar a produci\u00f3n de alimentos mari\u00f1os"},"content":{"rendered":"<p>Nun escenario de progresivo incremento da poboaci\u00f3n mundial, investigadores e investigadoras de universidades e instituci\u00f3ns cient\u00edficas de EEUU, Espa\u00f1a, Australia, Xap\u00f3n, Islandia, Filipinas e Reino Unido sinalan, nun artigo publicado hoxe en\u00a0<em>Nature,<\/em>\u00a0que a\u00ednda que o cambio clim\u00e1tico por\u00e1 a proba a capacidade dos oc\u00e9anos de satisfacer a crecente demanda de alimentos, a produci\u00f3n destes poder\u00eda incrementarse a trav\u00e9s dunha acci\u00f3n r\u00e1pida e ambiciosa para reducir as emisi\u00f3ns de gases de efecto invernadoiro, ademais de reformando a pesca de captura e expandindo a maricultura (acuicultura mari\u00f1a) sostible. Os autores de\u00a0<a href=\"https:\/\/www.nature.com\/articles\/s41586-022-04674-5\"><em>Expanding ocean food production under climate change<\/em><\/a>\u00a0inciden no seu traballo en que o futuro dos produtos do mar depende das respostas humanas ao cambio clim\u00e1tico, ao tempo que alertan de que as reformas pesqueiras, a\u00ednda que necesarias, ser\u00e1n insuficientes para manter a produci\u00f3n de peixe e marisco per c\u00e1pita, incluso con reduci\u00f3ns agresivas nas emisi\u00f3ns. Non obstante, o potencial da maricultura sostible, sinalan os investigadores, poder\u00eda aumentar a produci\u00f3n, a\u00ednda que estes incrementos est\u00e1n supeditados \u00e1s reformas pesqueiras, aos avances nas tecnolox\u00edas de produci\u00f3n dos pensos, ao establecemento dunha maricultura eficaz, ademais de a unha reduci\u00f3n dr\u00e1stica das emisi\u00f3ns. E \u00e9 que, segundo os e as autoras do artigo, o cambio clim\u00e1tico non \u00e9 o factor m\u00e1is limitante para a expansi\u00f3n sostible da maricultura.<\/p>\n<p>A investigadora da Universidade de Vigo e \u00fanica autora espa\u00f1ola do artigo publicado hoxe en\u00a0<em>Nature<\/em>, Elena Ojea, considera este traballo unha novidade porque \u201cnunca antes se vira a nivel global a relaci\u00f3n entre pesca e acuicultura baixo o cambio clim\u00e1tico, no senso de que a produci\u00f3n pesqueira e a maricultura poidan compensarse ou planificarse a nivel de pa\u00edses baixo diferentes escenarios futuros\u201d. Cun achegamento m\u00e1is transversal co foco posto na alimentaci\u00f3n do mar, en\u00a0<em>Expanding ocean food production under climate change<\/em>\u00a0\u201ccentr\u00e1monos nos escenarios de descenso de emisi\u00f3ns, vemos que se necesitan importantes reformas na pesca, como acordos internacionais e un manexo adaptativo\u201d, sinala a investigadora do Future Oceans Lab do Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a (CIM) da Uvigo. Non obstante, o traballo concl\u00fae que, a\u00ednda que se realice unha reforma integral da pesca, que \u00e9 necesaria, existen localizaci\u00f3ns nas que non ser\u00e1 suficiente, e o impacto do cambio clim\u00e1tico ser\u00e1 negativo e non se poder\u00e1 compensar con adaptaci\u00f3ns. \u201cNeses casos, vemos que unha expansi\u00f3n sostible da maricultura pode chegar a compensar as perdas por pesca. Por iso facemos a recomendaci\u00f3n da posibilidade de investir en acuicultura mari\u00f1a sostible neses lugares\u201d, explica Ojea.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Pa\u00edses das rexi\u00f3ns tropicais con baixos ingresos, os m\u00e1is prexudicados<\/h3>\n<p>O artigo, que tam\u00e9n concl\u00fae que as reformas ser\u00e1n cada vez m\u00e1is dif\u00edciles de implementar co empeoramento do cambio clim\u00e1tico, advirte que os seus efectos desproporcionados nos pa\u00edses das rexi\u00f3ns tropicais con baixos ingresos, poder\u00edan exacerbar os problemas econ\u00f3micos existentes. Consideran os e as autoras da investigaci\u00f3n que as reformas esbozadas son ambiciosas, pero alcanzables, e a\u00ednda que reco\u00f1ecen a mellora na xesti\u00f3n acadada en m\u00e1is da metade das pesqueiras mundiais, lembran que os avances focal\u00edzanse nos pa\u00edses con maiores ingresos, polo que deben ser aplicados nas rexi\u00f3ns con menos recursos econ\u00f3micos, contribu\u00edndo as\u00ed aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da ONU.<\/p>\n<p>O estudo, publicado hoxe en\u00a0<em>Nature<\/em>, debe ser considerado, segundo os seus autores, un achegamento ao problema que demostra que hai un amplo potencial para a expansi\u00f3n da alimentaci\u00f3n do mar, pero para a acci\u00f3n local far\u00e1n falta m\u00e1is evidencias e an\u00e1lises que quedan sen ver a este nivel, como o acceso aos recursos para a poboaci\u00f3n local, ou a planificaci\u00f3n necesaria para expandir a maricultura. Non obstante, a mensaxe de mitigar o cambio clim\u00e1tico para favorecer a alimentaci\u00f3n do mar no futuro \u00e9 clara e neste \u00e1mbito todos os pa\u00edses poden colaborar cos seus compromisos de reduci\u00f3n de emisi\u00f3ns\u201d, detalla Ojea sobre a investigaci\u00f3n realizada.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Unha visi\u00f3n transversal e mecan\u00edstica<\/h3>\n<p>Elena Ojea comezou a colaborar co grupo de pesca sostible da Universidade de California Santa B\u00e1rbara no ano 2013 e o artigo que hoxe publica\u00a0<em>Nature<\/em>\u00a0xurdiu dunha estancia realizada en 2019, momento no que comezaron a traballar nun informe para o High Level Panel for a Sustainable Ocean Economy (Ocean Panel), que finalmente evolucionou \u00e1 publicaci\u00f3n\u00a0<em>Expanding ocean food production under climate change<\/em>. \u201cA mi\u00f1a participaci\u00f3n nace coa concepci\u00f3n do estudo xunto aos investigadores de Santa B\u00e1rbara, onde xa durante o meu postdoc discutimos como proxectar os impactos do \u00a0cambio clim\u00e1tico na produci\u00f3n pesqueira. Grazas \u00e1 capacidade t\u00e9cnica e de persoal que te\u00f1en al\u00ed, xurdiron varias an\u00e1lises combinando modelos clim\u00e1ticos e ecol\u00f3xicos con proxecci\u00f3ns econ\u00f3micas e eu puiden colaborar de cerca nestas an\u00e1lises e proxecci\u00f3ns e axudei a interpretar os resultados e as implicaci\u00f3ns para o futuro da alimentaci\u00f3n mari\u00f1a\u201d, explica a investigadora do Future Oceans Lab da UVigo.<\/p>\n<p>Considera Ojea que participar nesta investigaci\u00f3n achegoulle unha visi\u00f3n \u201ctransversal e mecan\u00edstica\u201d para entender como se realizan as an\u00e1lises globais de pesca baixo os impactos de cambio clim\u00e1tico, \u201ce \u00e9 que existen poucos modelos que se poidan empregar e esta publicaci\u00f3n xorde dun deles. Grazas a este artigo e a o meu traballo no IPCC agora te\u00f1o unha visi\u00f3n profunda de que temos detr\u00e1s dos estudos que aparecen, e de todo o que a ciencia alcanza e poder\u00e1 mellorar\u201d, considera a investigadora.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fonte:<a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/reducir-emisions-reformar-pesca-captura-expandir-maricultura-son-segundo-expertos-internacionais\"> DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun escenario de progresivo incremento da poboaci\u00f3n mundial, investigadores e investigadoras de universidades e instituci\u00f3ns cient\u00edficas de EEUU, Espa\u00f1a, Australia, Xap\u00f3n, Islandia, Filipinas e Reino Unido sinalan, nun artigo publicado hoxe en\u00a0Nature,\u00a0que a\u00ednda que o cambio clim\u00e1tico por\u00e1 a proba a capacidade dos oc\u00e9anos de&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":21019,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-21018","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-domar"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21018","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21018"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21018\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21023,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21018\/revisions\/21023"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21019"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21018"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21018"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21018"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}