{"id":21001,"date":"2022-04-22T11:05:42","date_gmt":"2022-04-22T09:05:42","guid":{"rendered":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/?p=21001"},"modified":"2022-04-22T11:05:42","modified_gmt":"2022-04-22T09:05:42","slug":"a-microrreserva-natural-de-praia-america-sera-este-veran-unha-area-de-educacion-ambiental-aberta-a-toda-a-cidadania","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/a-microrreserva-natural-de-praia-america-sera-este-veran-unha-area-de-educacion-ambiental-aberta-a-toda-a-cidadania\/","title":{"rendered":"A microrreserva natural de Praia Am\u00e9rica ser\u00e1, este ver\u00e1n, unha \u00e1rea de educaci\u00f3n ambiental aberta a toda a cidadan\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Con m\u00e1is dun quil\u00f3metro de lonxitude, Praia Am\u00e9rica tense convertido nun dos reclamos tur\u00edsticos m\u00e1is reco\u00f1ecibles de Galicia. Pero antes de chamarse as\u00ed, este areal do concello de Nigr\u00e1n era co\u00f1ecido como praia de Lourido. Foi precisamente para atraer o turismo polo que en 1927 o empresario Manuel Lemos, emigrante en Arxentina, apostou por rebautizar o areal. Agora, case 100 anos despois, un proxecto cient\u00edfico tratar\u00e1 de recuperar unha pequena parte do que Praia Am\u00e9rica foi no pasado.<\/p>\n<p>\u00c1 fronte desta iniciativa est\u00e1 a empresa Hydrosphere, spin-off da Universidade de Vigo, xurdida do grupo de investigaci\u00f3n en ecolox\u00eda costeira, EcoCost. A s\u00faa proposta, en colaboraci\u00f3n co grupo de investigaci\u00f3n XM1 do Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a da Universidade de Vigo, o Concello de Nigr\u00e1n, o Instituto de Investigaci\u00f3ns Mari\u00f1a e a delegaci\u00f3n do CSIC en Galicia, foi unha das seleccionadas pola Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia y Tecnolog\u00eda nunha convocatoria de axudas para fomentar o co\u00f1ecemento cient\u00edfico entre a sociedade e incentivar as actividades de ciencia cidad\u00e1.<\/p>\n<p>O proxecto, denominado\u00a0<em>Microrreservas de praia: a concienciaci\u00f3n social como elemento clave na recuperaci\u00f3n de areais<\/em>, ten como finalidade crear unha pequena reserva natural en Praia Am\u00e9rica para, a trav\u00e9s deste espazo, \u201cmudar o concepto que se ten das praias e dos sistemas dunares como espazos puramente de ocio cara unha mirada m\u00e1is sostible, centrada no valor ecol\u00f3xico e no uso compartido destes important\u00edsimos ecosistemas litorais\u201d. Deste xeito, ademais de recuperar e protexer a riqueza do ecosistema desta zona, tam\u00e9n se converte nunha aula educaci\u00f3n ambiental in situ na que os centros educativos da contorna est\u00e1n a desenvolver actividades cient\u00edficas e de concienciaci\u00f3n. Xa de cara aos meses de ver\u00e1n os obradoiros e talleres estar\u00e1n abertos a toda a cidadan\u00eda.<\/p>\n<h3>2000 metros cadrados para a renaturalizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>O obxectivo desta iniciativa \u00e9 po\u00f1er en valor o patrimonio natural dunha praia que actualmente est\u00e1 orientada ao ocio, achegando o co\u00f1ecemento cient\u00edfico \u00e1 cidadan\u00eda e fac\u00e9ndoa part\u00edcipe da s\u00faa conservaci\u00f3n e renaturalizaci\u00f3n. Para conseguilo, crearase unha microrreserva de preto de 2000 metros cadrados que permitir\u00e1 restrinxir a intervenci\u00f3n humana nesta zona e evitar o impacto causado por actividades como as pisadas continuas ou os labores de limpeza. Deste xeito manterase esta zona libre de alteraci\u00f3ns e favorecerase unha renaturalizaci\u00f3n progresiva, ao tempo que se emprega como aula viva de educaci\u00f3n ambiental, onde impartir talleres did\u00e1cticos. Nas pr\u00f3ximas semanas est\u00e1 previsto comezar coa instalaci\u00f3n do valado que delimitar\u00e1 a zona e tam\u00e9n se est\u00e1n dese\u00f1ando unha serie de paneis informativos sobre os ecosistemas dunares. Estes puntos informativos, explican dende Hydrosphere, tam\u00e9n incluir\u00e1n imaxes das dunas de Lourido na d\u00e9cada de 1940, \u201cpara que poidamos reflexionar sobre o enorme cambio que sufriron dende aquela\u201d.<\/p>\n<h3>A primavera para centros educativos, o ver\u00e1n para a cidadan\u00eda<\/h3>\n<p>O proxecto est\u00e1 estruturado en dous per\u00edodos. Dende febreiro e ata maio os protagonistas est\u00e1n a ser os colexios e institutos da contorna, mentres que nos meses de ver\u00e1n as actividades ser\u00e1n abertas a toda a cidadan\u00eda e de balde e desenvolveranse nas fins de semana en horario de ma\u00f1\u00e1.<\/p>\n<p>Os obradoiros c\u00e9ntranse tanto na zona dunar como na de arribaz\u00f3n. No primeiro caso comprender\u00e1n observaci\u00f3n e identificaci\u00f3n de flora e fauna, plantaci\u00f3n de especies aut\u00f3ctonas ou eliminaci\u00f3n de invasoras. No segundo caso consistir\u00e1n na recollida de algas para identificar, mostraxe cient\u00edfica para observar macrofauna, identificaci\u00f3n taxon\u00f3mica, observaci\u00f3n de micropl\u00e1sticos e avaliaci\u00f3n do seu impacto no medio ambiente. Ademais, o persoal investigador tam\u00e9n traballar\u00e1 ao longo do areal para estudar o tipo de sedimento e a s\u00faa orixe e para realizar perf\u00eds topogr\u00e1ficos que acheguen informaci\u00f3n sobre a morfolox\u00eda da praia e a s\u00faa din\u00e1mica.<\/p>\n<p>Tras un primeiro obradoiro co alumnado de 4\u00ba da ESO do IES Val Mi\u00f1or, esta semana foi o estudantado do Centro Ocupacional Juan Mar\u00eda o que se achegou a esta aula aberta de natureza. Puideron percorrer a li\u00f1a de arribaz\u00f3n da praia, observando os restos que al\u00ed aparec\u00edan deixados polas mareas. Ademais de moitas algas, atoparon tam\u00e9n restos de plantas mari\u00f1as, o que deu p\u00e9 a explicar as diferenzas entre plantas e algas, e aprenderon a distinguir os sempre sorprendentes ovos de raias e tibur\u00f3ns que tam\u00e9n chegan a praia. Atoparon tarugos ou palillos de batea e restos de cabos e redes, planteandose as\u00ed a gran problem\u00e1tica do lixo mari\u00f1o. Tam\u00e9n recolleron algas da zona de arribaz\u00f3n para logo hidratalas en bandexas, e, coa axuda de lupas, gu\u00edas e libros, observalas con m\u00e1is detalle e identificar algunhas das especies m\u00e1is com\u00fans. Ademais, aproveitaron estas algas para aprender a facer un algario.<\/p>\n<h3>Un ecosistema en perigo<\/h3>\n<p>Dende Hydrosphere explican que, a diferenza das dunas pr\u00f3ximas \u00e1 desembocadura do r\u00edo Mu\u00ed\u00f1os, nas que hai anos se levaron a cabo acci\u00f3ns de recuperaci\u00f3n, a zona de Lourido est\u00e1 \u201cmoi deteriorada e ten moi pouca diversidade\u201d. O obxectivo do proxecto \u00e9 que as especies de plantas que xa case desapareceron poidan recolonizar este espazo de forma natural, igual que sucedeu na zona pr\u00f3xima ao r\u00edo.<\/p>\n<p>Neste tipo de dunas, explican, a vexetaci\u00f3n est\u00e1 moi especializada e adaptada para soportar fortes ventos, unha grande inestabilidade do substrato, grandes cantidades de sal, escaseza de nutrientes, moi pouca retenci\u00f3n de humidade e a abrasi\u00f3n mec\u00e1nica que se produce ao limpar os areais. Para sobrevivir desenvolveron unha serie de adaptaci\u00f3ns, como ra\u00edces moi profundas e potentes para chegar ata a auga e fixarse con forza ao solo; formas redondeadas e deitadas para resistir fortes ventoso ou follas carnosas para almacenar auga. \u201cTodas estas caracter\u00edsticas fan destas plantas litorais especies \u00fanicas que soamente poden sobrevivir en condici\u00f3ns moi concretas. Polo tanto, se estes h\u00e1bitats dunares desaparecen, tam\u00e9n desaparecer\u00e1n as especies que viven neles\u201d. Entre elas est\u00e1 a Azucena de mar, inclu\u00edda no cat\u00e1logo de especies ameazadas ou catalogadas como \u201cen perigo de extinci\u00f3n\u201d nalgunhas rexi\u00f3ns ou a Paxari\u00f1os, endemismo da costa atl\u00e1ntica da pen\u00ednsula ib\u00e9rica e de Francia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fonte: <strong><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/microrreserva-natural-praia-america-sera-veran-area-educacion-ambiental-aberta-toda-cidadania\">DUVI<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con m\u00e1is dun quil\u00f3metro de lonxitude, Praia Am\u00e9rica tense convertido nun dos reclamos tur\u00edsticos m\u00e1is reco\u00f1ecibles de Galicia. Pero antes de chamarse as\u00ed, este areal do concello de Nigr\u00e1n era co\u00f1ecido como praia de Lourido. Foi precisamente para atraer o turismo polo que en 1927&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":21002,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-21001","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-domar"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21001","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21001"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21001\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21005,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21001\/revisions\/21005"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21002"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21001"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21001"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21001"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}