{"id":18598,"date":"2020-09-16T14:37:39","date_gmt":"2020-09-16T14:37:39","guid":{"rendered":"http:\/\/domar.campusdomar.gal\/?p=18598"},"modified":"2020-09-16T14:37:39","modified_gmt":"2020-09-16T14:37:39","slug":"os-parceiros-de-marenet-proxecto-liderado-pola-universidade-de-vigo-campus-do-mar-ultiman-a-primeira-plataforma-europea-que-centralizara-toda-a-oferta-formativa-e-de-emprego-no-sector-maritimo-por","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/os-parceiros-de-marenet-proxecto-liderado-pola-universidade-de-vigo-campus-do-mar-ultiman-a-primeira-plataforma-europea-que-centralizara-toda-a-oferta-formativa-e-de-emprego-no-sector-maritimo-por\/","title":{"rendered":"Os parceiros de MarENet, proxecto liderado pola Universidade de Vigo &#8211; Campus do Mar, ultiman a primeira plataforma europea que centralizar\u00e1 toda a oferta formativa e de emprego no sector mar\u00edtimo-portuario"},"content":{"rendered":"<section class=\"author-section text-uppercase text-grey\">Pux\u00e9ronse en marcha a comezos de ano e este m\u00e9rcores presentaron xa os resultados destes meses de traballo: a primeira plataforma europea sobre oferta formativa e de emprego no sector mar\u00edtimo-portuario, unha ferramenta pioneira que a\u00ednda non est\u00e1 de todo operativa pero que o estar\u00e1 en breve. Falamos dos integrantes do proxecto europeo\u00a0<a href=\"http:\/\/www.marenet.org\/home\/\">MarENet, Atlantic Maritime Ecosystem Network<\/a>, un consorcio de oito entidades espa\u00f1olas, irlandesas e francesas lideradas polo Campus do Mar e que hoxe celebraron, en li\u00f1a, o seminario internacional\u00a0<em>Carreiras azuis como estratexia para fomentar a industria azul atl\u00e1ntica<\/em>, un taller no que debater sobre as habilidades e co\u00f1ecementos que deben ter os profesionais dos principais sectores mar\u00edtimos, tanto dos \u00e1mbitos m\u00e1is tradicionais (construci\u00f3n naval, lox\u00edstica e servizos de portos mar\u00edtimos, pesca e acuicultura) como dos emerxentes, caso da biotecnolox\u00eda azul ou as enerx\u00edas renovables.<\/section>\n<div class=\"field field--name-field-uv-body field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field--items\">\n<div class=\"field--item\">\n<div class=\"field field--name-field-pg-text field--type-text-long field--label-hidden field--item\">\n<p>O encontro foi inaugurado pola vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Bel\u00e9n Rubio, e polo director do Campus do Mar, Daniel Rey, que estiveron acompa\u00f1ados de xeito telem\u00e1tico polo director da Autoridade Portuaria de Vigo Enrique L\u00f3pez Veiga e dous altos executivos da Comisi\u00f3n Europea: o director xeral de Asuntos Mar\u00edtimos e Pesqueiros da Direcci\u00f3n Xeral do Mar, Andreea Strachinescu, e un dos responsables da Axencia Executiva para as pequenas e medianas empresas, EASME, Vincent Favrel.<\/p>\n<p>Na reuni\u00f3n participaron -a inmensa maior\u00eda de xeito telem\u00e1tico- m\u00e1is de 150 profesionais que se uniron ao seminario desde os seus respectivos pa\u00edses, tanto de Europa \u2013B\u00e9lxica, Francia, Holanda, Irlanda, Portugal, Suecia\u2026- \u00a0como de \u00c1frica -Camer\u00fan, Guinea, Ghana\u2026-. Entre estas persoas non s\u00f3 hab\u00eda representantes das diferentes administraci\u00f3ns e instituci\u00f3ns acad\u00e9micas, sen\u00f3n tam\u00e9n numerosos representantes das empresas, tanto p\u00fablicas como privadas, dos sectores naval, tr\u00e1fico mar\u00edtimo, biotecnolox\u00eda, lox\u00edstica, pesca\u2026 Precisamente na importancia da uni\u00f3n entre a industria e a academia foi un dos aspectos nos que m\u00e1is fixo fincap\u00e9 na inauguraci\u00f3n a vicerreitora de Investigaci\u00f3n, quen tam\u00e9n recalcou a necesidade de crear consorcios e unir esforzos para lanzar ao mercado novos produtos e servizos.<\/p>\n<p>A nova plataforma desenvolta polos socios de MarENet est\u00e1 constitu\u00edda por tres ferramentas dixitais que facilitan o acceso \u00e1 informaci\u00f3n xerada respecto a itinerarios, oferta formativa, e ofertas-demandas de emprego no ecosistema mar\u00edtimo-portuario. \u201cEstas \u2018digital tools\u2019 permitir\u00e1n integrar toda a informaci\u00f3n que se xere no proxecto de forma sistematizada, fac\u00e9ndoa facilmente accesible aos potenciais usuarios, as\u00ed como facilitar a interacci\u00f3n entre os actores da empresa, o mundo da formaci\u00f3n, os traballadores, os demandantes de emprego, etc. \u201c, explican os responsable do proxecto.<\/p>\n<p>A primeira destas ferramentas que se insiren na plataforma est\u00e1 vinculada \u00e1s carreiras profesionais e amosar\u00e1 de forma did\u00e1ctica en que consiste o traballo e as tarefas t\u00e9cnicas de cinco perf\u00eds profesionais chave de cada un dos segmentos da econom\u00eda azul que abrangue o proxecto. Segundo se explicou permitir\u00e1 aos potenciais usuarios co\u00f1ecer de primeira man a formaci\u00f3n requirida para un posto dado, as tarefas a executar no d\u00eda a d\u00eda, o salario potencial, as oportunidades de progresar nese eido, etc. A segunda, xa operativa, est\u00e1 vinculada aos cursos e proporcionar\u00e1 informaci\u00f3n a aqueles interesados en atopar formaci\u00f3n e oportunidades de mellora das s\u00faas capacidades profesionais, ofrecendo informaci\u00f3n sobre a oferta formativa (regulada e non regulada) para cada un dos segmentos en Espa\u00f1a, Francia e Irlanda. No caso da terceira, c\u00e9ntrase nos empregos e sup\u00f3n unha oportunidade para aquelas persoas que est\u00e1n na procura de traballo ou pr\u00e1cticas en empresas relacionados coa econom\u00eda azul.<\/p>\n<p>No seminario, cuxa parte presencial se celebrou no edificio Miralles, present\u00e1ronse tam\u00e9n os resultados dun traballo de campo realizado nos tres pa\u00edses socios no que, a trav\u00e9s de enquisas a profesionais dos sectores m\u00e1is representativos, se tratou de identificar as principais demandas desta industria en termos de formaci\u00f3n e capacitaci\u00f3n. Unha vez analizados estes datos amosan que na industria do sector da construci\u00f3n naval resulta dif\u00edcil atopar perf\u00eds cualificados no mercado laboral, sobre todo, el\u00e9ctricos, el\u00e9ctricos de motor, soldadores, persoal de operaci\u00f3ns e de uso de m\u00e1quinas\u2026 Ademais, tam\u00e9n se fixo menci\u00f3n especial \u00e1 falla de expertos en Tecnolox\u00edas da Informaci\u00f3n e da Comunicaci\u00f3n (TIC), as\u00ed como persoas con experiencia profesional no manexo e xesti\u00f3n de datos (data science).<\/p>\n<p>No sector de portos e servizos lox\u00edsticos dem\u00e1ndase, sobre todo, persoal con co\u00f1ecementos en navegaci\u00f3n mar\u00edtima e contaminaci\u00f3n mari\u00f1a; condutores\/as de gr\u00faas e de veh\u00edculos pesados e tripulantes\/capit\u00e1ns en barcos de pr\u00e1cticos. No caso da pesca e a acuicultura tam\u00e9n se admitiron dificultades para cubrir postos de traballo como capit\u00e1ns pesqueiros, tripulantes para barcos de pesca, mergulladores\u2026 A xu\u00edzo das entidades entrevistadas a raz\u00f3n principal pola que non se atopan estes perf\u00eds d\u00e9bese principalmente ao desco\u00f1ecemento xeral sobre as oportunidades de traballo que ofrece o sector, a falta de atractivo das tarefas a realizar e as duras condici\u00f3ns da contorna laboral.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s principais medidas que deber\u00edan p\u00f3rse en marcha para solucionar estas carencias, boa parte das entidades entrevistadas salientaron a importancia de que a industria e os centros de educaci\u00f3n colaboren, tanto no dese\u00f1o de programas de formaci\u00f3n dual que combinen a teor\u00eda coa experiencia pr\u00e1ctica, como na promoci\u00f3n das denominadas \u201ccarreiras azuis\u201d. A maiores, tam\u00e9n se fixo fincap\u00e9 na necesidade de adaptar os diferentes programas formativos \u00e1 actual normativa pola que se rexe esta industria e \u00e1 necesidade de harmonizalos no conxunto da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p>Tal e como se salientou no seminario, todos estes recursos que se est\u00e1n creando e po\u00f1endo en marcha no marco do proxecto MarENet, buscan proporcionar informaci\u00f3n e conectar a aquelas persoas interesadas en desenvolver ou mellorar as s\u00faas oportunidades profesionais nalgunhas das moitas actividades produtivas e servizos que integran o amplo sector da Econom\u00eda Azul. \u00a0A efectos operativos, os responsables do proxecto explicaron que as actividades da Econom\u00eda Azul que se contemplan neste estudo agr\u00fapanse en seis segmentos: construci\u00f3n e reparaci\u00f3n naval; enerx\u00edas renovables; lox\u00edstica e servizos portuarios; pesca, acuicultura e biotecnolox\u00eda azul; transporte, navegaci\u00f3n mar\u00edtima e servizos; \u00a0seguimento, seguridade e vixilancia e turismo costeiro-mar\u00edtimo.<\/p>\n<p>Fonte: Duvi<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pux\u00e9ronse en marcha a comezos de ano e este m\u00e9rcores presentaron xa os resultados destes meses de traballo: a primeira plataforma europea sobre oferta formativa e de emprego no sector mar\u00edtimo-portuario, unha ferramenta pioneira que a\u00ednda non est\u00e1 de todo operativa pero que o estar\u00e1&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":18599,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[179],"tags":[],"class_list":["post-18598","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18598","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18598"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18598\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18600,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18598\/revisions\/18600"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18599"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18598"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18598"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18598"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}