La estrutura, duración, organización, competencias e requisitos de acceso aos estudos de doutoramento son os recollidos no Real Decreto 99/2011, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, modificado polo Real Decreto 576/2023: https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-2541-consolidado.pdf
Todos os aspectos mencionados desenvólvense con detalle no Regulamento de Estudos de Doutoramento:
- Universidade de Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/625
- Universidade de Santiago de Compostela: https://minerva.usc.es/entities/publication/4df38651-8d6d-4d4e-8ce8-cab6cc278c07
- Universidade da Coruña: https://www.udc.es/es/eid/normativa/
Nas universidades portuguesas estes aspectos quedan recollidos no Decreto-Lei 74/2006 do 24 de marzo e posteriores modificacións (DL 63/2007, 107/2008, 230/2009, 115/2013, 63/2016, 65/2018, 27/2021, 13/2022).
Toda esta normativa está tamén recollida en:
Documentación
– Admisión ao programa de doutoramento DOMAR
Ademais dos requisitos xerais, o programa esixe:
- Acreditar un nivel de coñecemento do idioma inglés equivalente como mínimo ao nivel B1, dado que este constitúe o principal idioma de comunicación científica a nivel internacional. Ademais, tanto os cursos de formación avanzada e transversal como diversas actividades, entre elas o Student’s Day, impártense maioritariamente en inglés. A acreditación do nivel de inglés deberá realizarse mediante unha certificación oficial recoñecida. No caso de que o/a candidato/a posúa os coñecementos requiridos, pero careza de certificación, deberá presentar unha declaración xurada que acredite un dominio equivalente ao nivel esixido.
- Presentar dúas cartas de referencia, unha das cales debe ser dun investigador ou investigadora doutor/a que, se é designado pola Comisión Académica, se comprometa a dirixir ou codirixir a tese. No caso de que o/a candidato/a non conte cun director ou directora de tese doutoral, a Comisión Académica prestaralle apoio e orientación para atopar un, considerando a súa área de interese.
- Presentar un currículo vitae breve.
A Comisión Académica verificará que todas as persoas solicitantes cumpren cos requisitos de acceso ao programa e que a liña de investigación proposta se aliña coas áreas de investigación establecidas no programa de doutoramento.