{"id":21845,"date":"2022-05-20T09:11:57","date_gmt":"2022-05-20T07:11:57","guid":{"rendered":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/?p=21845"},"modified":"2022-05-20T09:11:57","modified_gmt":"2022-05-20T07:11:57","slug":"investigadores-galegos-analizan-como-afrontaran-as-rias-os-impactos-sociais-do-cambio-climatico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/investigadores-galegos-analizan-como-afrontaran-as-rias-os-impactos-sociais-do-cambio-climatico\/","title":{"rendered":"Investigadores galegos analizan como afrontar\u00e1n as r\u00edas os impactos sociais do cambio clim\u00e1tico"},"content":{"rendered":"<p>Investigadores e investigadoras das tres universidades galegas (USC, UVigo e UDC), liderados por Sebasti\u00e1n Villasante (CRETUS-USC) e coa colaboraci\u00f3n das confrar\u00edas de Cambados, Redondela e a Lonxa de Campelo, analizan, nun estudo que acaba de ser publicado en\u00a0<em>Frontiers of Marine Science<\/em>, os impactos do cambio clim\u00e1tico sobre a vulnerabilidade socioecon\u00f3mica do marisqueo nas r\u00edas galegas, e as posibles adaptaci\u00f3ns a eles, desde unha perspectiva social. O artigo,\u00a0<a href=\"https:\/\/www.frontiersin.org\/articles\/10.3389\/fmars.2022.802762\/full\"><em>Resilience and social adaptations to climate change impact in small-scale fisheries<\/em><\/a>, parte dos resultados do proxecto Marisco, coordinado pola docente e investigadora do CIM UVigo Elsa V\u00e1zquez da Universidade de Vigo, e financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade do Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades.<\/p>\n<p>O traballo axuda, segundo os seus autores, a encher, en parte, o baleiro de investigaci\u00f3n sobre a compo\u00f1ente socio-econ\u00f3mica das ameazas que os efectos do cambio global poden xerar nas pesqueiras a pequena escala e as comunidades que viven delas, tanto en Galicia como nas outras partes do mundo que afrontan desaf\u00edos semellantes. Tomando como exemplo tres \u00e1reas de marisqueo relevantes para a produci\u00f3n en Galicia (Cambados, Campelo-Poio e Redondela), nas que se realizaron entrevistas a preto de 250 mariscadoras e mariscadores (o 92% eran mulleres), o artigo achega, segundo Villasante, \u201cunha nova evidencia emp\u00edrica sobre as estratexias de adaptaci\u00f3n social desenvolvidas por mariscadoras e as s\u00faas familias en Galicia. Os estudos de caso, como os presentados aqu\u00ed, son esenciais para constru\u00edr a resiliencia e a adaptaci\u00f3n colectiva para conter os impactos do cambio clim\u00e1tico\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>O impacto do cambio clim\u00e1tico nas r\u00edas galegas<\/h2>\n<p>Na costa atl\u00e1ntica de Europa, os efectos do cambio clim\u00e1tico manifestaranse, segundo as estimaci\u00f3ns cient\u00edficas, en vagas de calor cada vez m\u00e1is frecuentes e intensas ou precipitaci\u00f3ns extremas que modificaran a salinidade das augas das r\u00edas. Isto provocar\u00e1, segundo a docente e investigadora do CIM UVigo Celia Olabarr\u00eda, efectos que levar\u00e1n \u00e1 perda de biodiversidade mari\u00f1a e alteraci\u00f3n dos ecosistemas.\u00a0A costa galega, especialmente as R\u00edas Baixas, destaca por acoller unha das pesqueiras de bivalvos m\u00e1is importante de Europa en termos de capturas e emprego, as\u00ed como pola s\u00faa gran relevancia socio-econ\u00f3mica na contorna. Especies como as ameixas babosa, fina e xaponesa ou o berberecho son algunhas das m\u00e1is notables nesta actividade. Por\u00e9n, a actividade est\u00e1 exposta a importantes variaci\u00f3ns espazo-temporais nas capturas por mor das flutuaci\u00f3ns nas condici\u00f3ns medioambientais causadas polos cambios de temperatura ou salinidade.<\/p>\n<p>Segundo os estudos que se realizaron ao abeiro do proxecto\u00a0<em>Marisco<\/em>, os efectos do cambio clim\u00e1tico poden aumentar o estr\u00e9s nestes ecosistemas e levar aos l\u00edmites da tolerancia a estas especies en factores como a reproduci\u00f3n e o crecemento. Isto xerar\u00eda problemas de recrutamento ou retrasos no tempo requirido para obter tallas comerciais, co conseguinte descenso de abundancia destas especies. Ademais, o aumento do nivel do mar poder\u00eda causar o asolagamento dalg\u00fans leitos intermareais, e as vagas de calor extrema no ver\u00e1n afectar\u00e1n tam\u00e9n \u00e1s condici\u00f3ns laborais das mariscadoras.<\/p>\n<p>Neste contexto, o equipo autor do traballou analizou a capacidade das comunidades pesqueiras para adaptarse aos escenarios de cambio global, adaptaci\u00f3ns que se definen como os procesos de axuste que te\u00f1en por obxectivo moderar o dano ou aproveitar as posibles oportunidades de beneficio que xorden ante estes impactos. Segundo os e as asinantes, \u201ccomprender os factores implicados na vulnerabilidade e a resiliencia, \u00a0tendo en conta os aspectos sociais para a sustentabilidade das pesqueiras artesanais, axudar\u00eda \u00e1 comunidade cient\u00edfica e aos decisores pol\u00edticos a minimizar as causas subxacentes desta vulnerabilidade social para afrontar as crises e os impactos socioecol\u00f3xicos\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>A menor experiencia profesional e a falta de relevo xeracional, entre os principais riscos<\/h2>\n<p>Entre outros resultados, o traballo demostra que unha menor experiencia na actividade e un menor compromiso na participaci\u00f3n das agrupaci\u00f3ns marisqueiras tenden a incrementar os riscos de vulnerabilidade econ\u00f3mica, o que pon sobre a mesa a necesidade de medidas correctoras fronte a estas cuesti\u00f3ns. O artigo tam\u00e9n advirte que o sector est\u00e1 afrontando a ausencia dun relevo xeracional para traballar no marisqueo e asegurar non s\u00f3 beneficios, traballo e presenza de poboaci\u00f3n nova en comunidades costeiras, sen\u00f3n tam\u00e9n para reter o co\u00f1ecemento tradicional e memoria socio-ecol\u00f3xica de pr\u00e1cticas asociadas, experiencia e valores culturais.<\/p>\n<p>Esta elevada vulnerabilidade nas persoas con menor experiencia pode disuadir \u00e1 xente m\u00e1is nova de incorporarse ao sector, polo que o estudo recomenda que as administraci\u00f3ns deben dar prioridade os incentivos econ\u00f3micos cara \u00e1 incorporaci\u00f3n de xente nova para manter o sector vivo e fixar poboaci\u00f3n nestas \u00e1reas costeiras. Deste xeito, os e as asinantes destacan que a non adaptaci\u00f3n a este novo escenario \u201cpode afectar a produtividade econ\u00f3mica do sector e levar \u00e1 sobreexplotaci\u00f3n e perda de recursos, con consecuencias posiblemente graves para as familias\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>Adaptaci\u00f3ns e participaci\u00f3n do sector<\/h2>\n<p>Con todo, os resultados tam\u00e9n amosan que o sector marisqueiro en Galicia xa desenvolveu un amplo rango de estratexias de adaptaci\u00f3n, como son a colleita de especies de alto valor comercial e de maior abundancia nos bancos marisqueiros. As mariscadoras tam\u00e9n se adaptaron \u00e1 situaci\u00f3n reducindo os gastos dom\u00e9sticos e complementando os ingresos con outros traballos formais e informais para compensar as perdas econ\u00f3micas. Base\u00e1ndose nestas acci\u00f3ns, o traballo recomenda po\u00f1er o foco en aspectos clave como a mellora das relaci\u00f3ns sociais dentro das agrupaci\u00f3ns, fomentar unha maior conciencia sobre as ameazas do cambio clim\u00e1tico, o impulso de novas habilidades e a participaci\u00f3n do sector nos plans de adaptaci\u00f3n e resiliencia.<\/p>\n<p>O equipo manifesta a vontade de que \u201ca investigaci\u00f3n que levamos a cabo poida guiar estudos futuros e recomendaci\u00f3ns de pol\u00edticas p\u00fablicas para o desenvolvemento do sector\u201d, instando a que \u201cas futuras orientaci\u00f3ns para a xesti\u00f3n destas pesqueiras deber\u00edan implicar activamente ao sector marisqueiro, inclu\u00edndo os seus co\u00f1ecementos tradicionais e locais\u201d. \u201cEsta inclusi\u00f3n\u201d, concl\u00faen, \u201caxudar\u00eda a desenvolver pol\u00edticas m\u00e1is eficaces, xa que incorporar\u00eda a comprensi\u00f3n das estratexias de adaptaci\u00f3n social local\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fonte: <a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/investigadores-galegos-analizan-afrontaran-rias-os-impactos-sociais-cambio-climatico\"><strong>DUVI<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Investigadores e investigadoras das tres universidades galegas (USC, UVigo e UDC), liderados por Sebasti\u00e1n Villasante (CRETUS-USC) e coa colaboraci\u00f3n das confrar\u00edas de Cambados, Redondela e a Lonxa de Campelo, analizan, nun estudo que acaba de ser publicado en\u00a0Frontiers of Marine Science, os impactos do cambio&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":21846,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-21845","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-domar"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21845","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21845"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21845\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21849,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21845\/revisions\/21849"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21846"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21845"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21845"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21845"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}