{"id":21027,"date":"2022-04-29T11:28:47","date_gmt":"2022-04-29T09:28:47","guid":{"rendered":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/?p=21027"},"modified":"2022-04-29T11:28:47","modified_gmt":"2022-04-29T09:28:47","slug":"investigadores-da-uvigo-e-da-usc-realizan-unha-revision-global-das-interaccions-das-praderias-marinas-coa-pesca-e-o-marisqueo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/investigadores-da-uvigo-e-da-usc-realizan-unha-revision-global-das-interaccions-das-praderias-marinas-coa-pesca-e-o-marisqueo\/","title":{"rendered":"Investigadores da UVigo e da USC realizan unha revisi\u00f3n global das interacci\u00f3ns das prader\u00edas mari\u00f1as coa pesca e o marisqueo"},"content":{"rendered":"<p>Debido \u00e1 presi\u00f3n que provocan diversas actividades humanas e co obxectivo de mellorar a s\u00faa xesti\u00f3n e conservaci\u00f3n, nas \u00faltimas d\u00e9cadas, numerosos estudos estanse a centrar nas prader\u00edas mari\u00f1as do x\u00e9nero Zostera ou Posidonia, que conforman ecosistemas moi relevantes na franxa intermareal e infralitoral das costas de moitas partes do planeta. No marco do proxecto de investigaci\u00f3n ZEUS, coordinado polas profesoras da Universidade de Vigo Celia Olabarria e Elsa V\u00e1zquez, un equipo de cient\u00edficos galegos publican na revista Frontiers in Marine Science,\u00a0<a href=\"https:\/\/www.frontiersin.org\/articles\/10.3389\/fmars.2022.781713\/full\">Trade-Offs and Synergies Between Seagrass Ecosystems and Fishing Activities: A Global Literature Review<\/a>, unha revisi\u00f3n global da literatura cient\u00edfica sobre as interacci\u00f3ns entre as prader\u00edas mari\u00f1as e actividades extractivas, como a pesca e o marisqueo.<\/p>\n<p>\u201cO obxectivo deste artigo \u00e9 obter un punto de referencia, unha gu\u00eda para co\u00f1ecer cales son os problemas de conservaci\u00f3n aos que se enfrontan estes leitos mari\u00f1os no mundo, en relaci\u00f3n coas actividades pesqueiras. As prader\u00edas proporcionan servizos ecosist\u00e9micos moi importantes no contexto do cambio clim\u00e1tico, como refuxio de especies, aumento da produtividade da auga, filtraci\u00f3n de contaminantes, fixaci\u00f3n do fondo do mar contra a erosi\u00f3n ou o secuestro de carbono\u201d, explica Mariana Herrera (Cretus-Universidade de Santiago de Compostela), primeira autora do artigo, asinado por Celia Olabarria e Elsa V\u00e1zquez (Universidade de Vigo), Carlos Duarte (Universidade King Abdullah de Arabia Saudita) e Pablo Pita, Ana Tub\u00edo e Sebasti\u00e1n Villasante (Cretus-Universidade de Santiago de Compostela).<\/p>\n<p>\u201cN\u00f3s participamos no dese\u00f1o de entrevistas e nos obradoiros coas confrar\u00edas, cuxos resultados estanse a analizar e ser\u00e1 obxecto doutra publicaci\u00f3n. A revisi\u00f3n que se corresponde con este artigo \u00e9 bibliogr\u00e1fica do papel das prader\u00edas de faner\u00f3gamas desde un punto de vista socio-econ\u00f3mico e \u00e9 unha revisi\u00f3n de interese, posto que non se realizaran traballos deste estilo ata o de agora\u201d, explican Celia Olabarr\u00eda e Elsa V\u00e1zquez, docentes e investigadoras do CIM da UVigo e \u00a0IP do proxecto.<\/p>\n<h3><\/h3>\n<h3>Impactos e beneficios desde unha perspectiva socioecol\u00f3xica e econ\u00f3mica<\/h3>\n<p>A\u00ednda que hai un maior n\u00famero de publicaci\u00f3ns no hemisferio norte, os autores e autoras estudaron preto dun centenar de traballos en diversas zonas costeiras dos distintos oc\u00e9anos. Estas publicaci\u00f3ns aumentaron sobre todo desde principios do s\u00e9culo XXI, o que constata o crecente interese por estas interacci\u00f3ns nas \u00faltimas d\u00faas d\u00e9cadas debido \u00e1 acumulaci\u00f3n de presi\u00f3ns antr\u00f3picas e ao conseguinte declive que sufriron os bancos de prader\u00edas mari\u00f1as ao longo do s\u00e9culo XX. Nos \u00faltimos anos, a perda de superficie destes espazos segue avanzando, a un ritmo de arredor do 7% ao ano en toda a distribuci\u00f3n mundial. O aumento da temperatura asociado ao cambio clim\u00e1tico \u00fanese as\u00ed aos impactos xa provocados pola pesca de arrastre, o dragado, o uso de motores ou a propagaci\u00f3n de especies invasoras asociadas \u00e1 acuicultura.<\/p>\n<p>Esta revisi\u00f3n pretende, polo tanto, segundo os seus autores e autoras, \u201canalizar a situaci\u00f3n actual destas interacci\u00f3ns, identificar posibles lagoas de co\u00f1ecemento e determinar as prioridades de investigaci\u00f3n\u201d. Neste sentido, o equipo autor do traballo advirte da escaseza de estudos centrados nas interacci\u00f3ns entre as prader\u00edas mari\u00f1as e as actividades pesqueiras cunha perspectiva interdisciplinar, que te\u00f1an en conta as implicaci\u00f3ns socioecol\u00f3xicas e socioecon\u00f3micas dos posibles conflitos. &#8220;Este co\u00f1ecemento \u00e9 fundamental para crear pol\u00edticas e plans de xesti\u00f3n relevantes e para impulsar sistemas de goberno que te\u00f1an en conta os dereitos e necesidades do sector pesqueiro&#8221;, sinala o traballo.<\/p>\n<h3><\/h3>\n<h3>Interacci\u00f3ns positivas e negativas<\/h3>\n<p>A an\u00e1lise recolle d\u00faas categor\u00edas de interacci\u00f3ns, que poder\u00edan considerarse positivas ou negativas e \u00a0cada unha m\u00f3strase nunha escala de magnitude segundo o seu impacto, dende un grao m\u00ednimo ata o m\u00e1is alto. \u201cA maior\u00eda dos estudos revisados describen unha interacci\u00f3n negativa entre estes leitos mari\u00f1os e as actividades pesqueiras ou marisqueiras. No caso de Galicia, por exemplo, levamos estudando estas interacci\u00f3ns dende o ano 2019 e vimos que nalgunhas zonas existe un conflito entre o marisqueo e a presenza de pradar\u00edas de Zostera: as mariscadoras dinnos que \u00e1s veces te\u00f1en que arrincalas para poder mariscar. Pero esta distribuci\u00f3n de prader\u00edas e marisqueo debe ser compatible para garantir a actividade e, ao mesmo tempo, non afectar \u00e1 presenza destes importantes h\u00e1bitats\u201d, explica Mariana Herrera.<\/p>\n<p>Por\u00e9n, o equipo tam\u00e9n fai fincap\u00e9 nos servizos ecosist\u00e9micos positivos destes bancos de faner\u00f3gamas. \u201cAs prader\u00edas das r\u00edas galegas constit\u00faen tam\u00e9n un importante espazo de desova e cr\u00eda de especies como o choco (Sepia officinalis), e en xeral, est\u00e1n relacionados cunha maior abundancia e recrutamento de especies de interese comercial\u201d, engade a primeira autora do traballo.<\/p>\n<h3><\/h3>\n<h3>Sobre o proxecto ZEUS<\/h3>\n<p>Esta revisi\u00f3n agora publicada forma parte do proxecto de investigaci\u00f3n ZEUS, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n do Goberno de Espa\u00f1a. O seu obxectivo \u00e9 proporcionar informaci\u00f3n que facilite a xesti\u00f3n integral e eficiente dos recursos marisqueiros nos bancos intermareais de Zostera nun contexto de cambio clim\u00e1tico, no que os eventos extremos ser\u00e1n m\u00e1is frecuentes e intensos. \u00a0ZEUS analiza, entre outras actuaci\u00f3ns, o papel das prader\u00edas de Zostera noltei como \u00e1reas de cr\u00eda e h\u00e1bitats de adultos de tres especies comerciais de ameixa, e como h\u00e1bitat que favorece a resposta das distintas especies de ameixa \u00e1s vagas de calor e \u00e1s variaci\u00f3ns das condici\u00f3ns de salinidade. Est\u00fadanse tam\u00e9n os posibles efectos das ameixas na Zostera. A investigaci\u00f3n desenv\u00f3lvese en bancos marisqueiros de Cambados, Combarro e Testal, nas r\u00edas de Arousa, Pontevedra e Muros-Noia, respectivamente, e en estreita colaboraci\u00f3n coas Confrar\u00edas de Cambados, Noia e a Lonxa de Campelo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fonte: <a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/investigadores-uvigo-usc-realizan-revision-global-interaccions-praderias-marinas-coa-pesca-marisqueo\">DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Debido \u00e1 presi\u00f3n que provocan diversas actividades humanas e co obxectivo de mellorar a s\u00faa xesti\u00f3n e conservaci\u00f3n, nas \u00faltimas d\u00e9cadas, numerosos estudos estanse a centrar nas prader\u00edas mari\u00f1as do x\u00e9nero Zostera ou Posidonia, que conforman ecosistemas moi relevantes na franxa intermareal e infralitoral das&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":21028,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-21027","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-domar"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21027","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21027"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21027\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21031,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21027\/revisions\/21031"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21028"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21027"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21027"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21027"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}