{"id":21013,"date":"2022-04-25T09:38:56","date_gmt":"2022-04-25T07:38:56","guid":{"rendered":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/?p=21013"},"modified":"2022-04-25T09:38:56","modified_gmt":"2022-04-25T07:38:56","slug":"na-procura-de-estratexias-nutricionais-capaces-de-lograr-unha-acuicultura-mais-sostible","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/na-procura-de-estratexias-nutricionais-capaces-de-lograr-unha-acuicultura-mais-sostible\/","title":{"rendered":"Na procura de estratexias nutricionais capaces de lograr unha acuicultura m\u00e1is sostible"},"content":{"rendered":"<p>O<a href=\"http:\/\/fisioloxiapeixes.webs.uvigo.es\/es\/\">\u00a0grupo de investigaci\u00f3n de Fisiolox\u00eda de Peixes e a s\u00faa aplicaci\u00f3n en acuicultura, PHYStoFISH<\/a>, adscrito ao do Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, \u00e9 un dos socios participantes do proxecto<em>\u00a0Acuisost: Sostenibilidade e resistencia acu\u00edcola a trav\u00e9s de estratexias nutricionais<\/em>, un traballo dirixido a promover a sustentabilidade da acuicultura mediante o uso de estratexias nutricionais baseadas na formulaci\u00f3n de pensos en base a novos ingredientes e na incorporaci\u00f3n de aditivos tecnol\u00f3xicos. Financiado con preto de 750.000 euros por Fondos NextGeneration EU no marco do Plan de Recuperaci\u00f3n, Transformaci\u00f3n e Resilencia (PRTR) a trav\u00e9s do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentaci\u00f3n, a subvenci\u00f3n destinada \u00e1 Universidade de Vigo ascende a 118.000 euros.<\/p>\n<p>Liderado polo Instituto de Investigaci\u00f3n e Tecnolox\u00edas Agroalimentarias, IRTA, participan tam\u00e9n no consorcio, ademais da propia UVigo, as universidades de Barcelona e Murcia, o Instituto de Ciencia e Tecnolox\u00eda dos Alimentos e Nutrici\u00f3n, ICTAN-CSIC, e o cl\u00faster Acuiplus como representante da cadea de valor da acuicultura, ademais de diferentes entidades referentes do sector privado: Dibaq Acuicultura, Healthe Tech BioActives, Natac, Tebrio e Tecnolox\u00eda e Vitaminas Farmfaes. O proxecto arrancou o pasado 30 de decembro e por diante qu\u00e9danlle 23 meses de intenso traballo.<\/p>\n<h3>A UVigo \u00e9 a encargada de avaliar como afectan estas novas dietas ao apetito dos peixes<\/h3>\n<p>\u201cO obxectivo principal do proxecto \u00e9 a busca de estratexias nutricionais que permitan obter dietas funcionais baseadas en novos ingredientes e melloradas coa incorporaci\u00f3n de aditivos naturais que sirvan para optimizar a sa\u00fade e crecemento dos peixes en cultivo permitindo unha acuicultura m\u00e1is produtiva, sostible e preparada para vindeiros desaf\u00edos como o cambio clim\u00e1tico\u201d, explica Marta Conde, investigadora distinguida da Universidade de Vigo, que coordina o proxecto xunto ao catedr\u00e1tico Jos\u00e9 Luis Soengas, l\u00edder do grupo de investigaci\u00f3n PHYStoFISH.<\/p>\n<p>\u201cO noso papel neste proxecto \u00e9 avaliar como estas novas dietas experimentais afectan aos mecanismos que regulan o apetito en peixes, unha li\u00f1a na que temos ampla experiencia no noso grupo, xa que de pouco valer\u00eda atopar dietas que sexan funcionais se despois non son ben aceptadas polos peixes en cultivo\u201d, indica a investigadora, ao que engade que participaci\u00f3n da UVigo neste proxecto xurde a partir da incorporaci\u00f3n do grupo ao cl\u00faster Acuiplus, composto por un grupo de empresas e entidades de investigaci\u00f3n relacionadas coa acuicultura. \u201cIsto deunos a posibilidade de contactar directamente con representantes de distintas empresas e centros de investigaci\u00f3n e elaborar entre todos unha proposta conxunta para a convocatoria de proxectos NextGeneration do ministerio subvencionados con fondos europeos\u201d, recalca Conde, quen neste intre se atopa de baixa por maternidade.<\/p>\n<p>Participar no proxecto sup\u00f3n unha importante oportunidade para o grupo xa que, tal e como indican, lles vai permitir a posibilidade de dar aplicabilidade pr\u00e1ctica e transferir ao sector acu\u00edcola os co\u00f1ecementos e experiencia adquiridos ao longo de moitos anos neste grupo de investigaci\u00f3n relativos ao estudo dos mecanismos que regulan a inxesti\u00f3n de alimento nos peixes. Ademais, sup\u00f3n tam\u00e9n abrir novas li\u00f1as e sinerx\u00edas cos grupos de investigaci\u00f3n implicados, \u201cos cales te\u00f1en un elevado prestixio a nivel nacional, e coas empresas colaboradoras, que seguro ter\u00e1n proxecci\u00f3n en propostas futuras\u201d, recalca Conde.<\/p>\n<p>En total est\u00e1n implicados no proxecto dez investigadores da Universidade de Vigo: dous catedr\u00e1ticos, dous profesores titulares, unha investigadora distinguida, unha investigadora posdoutoral Juan de la Cierva-Incorporaci\u00f3n, dous investigadores posdoutorais e d\u00faas estudantes de doutoramento.<\/p>\n<h3>Os ensaios realizaranse con dourada e troita arco iris<\/h3>\n<p>Baixo a coordinaci\u00f3n do IRTA, Acuisost abordar\u00e1 o uso de materias primas alternativas, a reduci\u00f3n de axentes antimicrobianos mediante o uso de dietas funcionais que promovan a sa\u00fade e o benestar dos peixes, e a mellora da calidade e a vida \u00fatil dos produtos acu\u00edcolas de forma integradora e centrada no cambio clim\u00e1tico. Todos os ensaios ser\u00e1n levados a cabo en d\u00faas das principais especies de granxa nacionais: a dourada e a troita arco iris o que, segundo destacan desde o proxecto, \u201cpermite abordar tanto a acuicultura mari\u00f1a como a continental, promovendo as\u00ed unha acuicultura m\u00e1is resiliente e sostible\u201d.<\/p>\n<p>O proxecto organ\u00edzase en torno a tres grandes li\u00f1as de traballo: pensos con fari\u00f1a de insectos como alternativa \u00e1 fari\u00f1a de peixe, pensos funcionais como estratexia alternativa ao uso de axentes antimicrobianos e a inclusi\u00f3n de aditivos na dieta destes peixes para a mellora do produto final.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fonte: <a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/procura-estratexias-nutricionais-capaces-lograr-acuicultura-mais-sostible\">DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O\u00a0grupo de investigaci\u00f3n de Fisiolox\u00eda de Peixes e a s\u00faa aplicaci\u00f3n en acuicultura, PHYStoFISH, adscrito ao do Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, \u00e9 un dos socios participantes do proxecto\u00a0Acuisost: Sostenibilidade e resistencia acu\u00edcola a trav\u00e9s de estratexias nutricionais, un traballo dirixido&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":21014,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-21013","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-domar"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21013","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21013"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21013\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21017,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21013\/revisions\/21017"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21014"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21013"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21013"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21013"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}