{"id":18956,"date":"2021-11-09T09:18:19","date_gmt":"2021-11-09T08:18:19","guid":{"rendered":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/?p=18956"},"modified":"2021-11-09T09:18:19","modified_gmt":"2021-11-09T08:18:19","slug":"a-fecyt-financia-seis-proxectos-de-divulgacion-cientifica-e-ciencia-cidada-da-uvigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/a-fecyt-financia-seis-proxectos-de-divulgacion-cientifica-e-ciencia-cidada-da-uvigo\/","title":{"rendered":"A FECYT financia seis proxectos de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica e ciencia cidad\u00e1 da UVigo"},"content":{"rendered":"<p>Seis proxectos da Universidade de Vigo para fomentar o co\u00f1ecemento cient\u00edfico entre a sociedade e incentivar as actividades de ciencia cidad\u00e1 acaban de obter o reco\u00f1ecemento da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia y Tecnolog\u00eda. Estas seis propostas, que recibir\u00e1n un financiamento de m\u00e1is de 110.000 euros, foron seleccionadas no marco da convocatoria para o fomento da cultura cient\u00edfica, tecnol\u00f3xica e da innovaci\u00f3n, que ten como finalidade conseguir o achegamento dos resultados cient\u00edficos \u00e1 cidadan\u00eda e mellorar a educaci\u00f3n cient\u00edfico\u2013t\u00e9cnica da sociedade en todos os niveis.<\/p>\n<p>Cinco destas propostas est\u00e1n impulsadas por centros ou grupos de investigaci\u00f3n da UVigo, mentres que noutra delas a instituci\u00f3n \u00e9 socio colaborador. A auga aparece como f\u00edo condutor de case todas elas, ben dende o punto de vista da investigaci\u00f3n mari\u00f1a e ambiental, ben dende o eido termal, con proxectos sobre a monitoraxe da costa, a creaci\u00f3n dun videoxogo sobre o impacto do cambio clim\u00e1tico nos oc\u00e9anos ou a divulgaci\u00f3n da ciencia mari\u00f1a desenvolvida por mulleres, pasando pola posta en valor do patrimonio termal de Galicia.<\/p>\n<h3>Sentinelas da costa<\/h3>\n<p>O proxecto que acadou maior orzamento, 35.000 euros, \u00e9 <em>Sentinelas da costa<\/em>, unha proposta que se enmarca dentro dun proxecto xa en marcha, CoastSnap, que pretende monitorizar as praias e a din\u00e1mica costeira obtendo datos a trav\u00e9s das fotograf\u00edas que env\u00edan os visitantes dos areeiros. A iniciativa xurdiu en Australia en 2017 e en Galicia est\u00e1 sendo coordinada pola investigadora do grupo de Oceanograf\u00eda Xeol\u00f3xica e Bioxeoqu\u00edmica (XM1, CIM-UVigo) Rita Gonz\u00e1lez Villanueva, coa finalidade de caracterizar a variabilidade espazo-temporal dos sistemas costeiros a nivel estatal e local involucrando \u00e1 cidadan\u00eda na actividade cient\u00edfica, e promovendo a s\u00faa contribuci\u00f3n activa na compilaci\u00f3n de informaci\u00f3n que poida ser utilizada en pro da sociedade. Tr\u00e1tase de aproveitar \u201ca realidade actual na que vivimos, un mundo permanentemente conectado, no que calquera cidad\u00e1n disp\u00f3n dun dispositivo m\u00f3bil que lle permite capturar calquera aspecto da contorna que o rodea\u201d. Grazas a esta achega, os investigadores da UVigo poder\u00e1n instalar m\u00e1is puntos de monitoraxe nas praias e mellorar os xa existentes en areais de Bueu, as C\u00edes, O Grove ou Muros, as\u00ed como lanzar un concurso entre os usuarios, difundir os resultados do proxecto e desenvolver obradoiros formativos.<\/p>\n<h3>Misi\u00f3n azul<\/h3>\n<p>Outro dos proxectos seleccionados nesta convocatoria \u00e9 <em>Misi\u00f3n Azul. A investigaci\u00f3n mari\u00f1a e o cambio clim\u00e1tico<\/em>, unha proposta impulsada polo Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a, que ten como obxectivo \u201cmellorar a educaci\u00f3n cient\u00edfica e tecnol\u00f3xica entre os escolares, os profesores e a sociedade en xeral, fomentando as vocaci\u00f3ns cient\u00edficas STEM, especialmente entre as nenas\u201d. Con esta iniciativa tam\u00e9n se conmemora o inicio do Decenio das Ciencias Oce\u00e1nicas para o Desenvolvemento Sostible proclamado polas Naci\u00f3ns Unidas para 2021-2030. En concreto, <em>Misi\u00f3n Azul<\/em> bas\u00e9ase no desenvolvemento e adaptaci\u00f3n de contidos cient\u00edficos e a elaboraci\u00f3n dun videoxogo interactivo de alta calidade que aborde a realidade do impacto que o cambio clim\u00e1tico ten nos oc\u00e9anos. Os usuarios poder\u00e1n interactuar cun ecosistema mari\u00f1o protexido e modificar as variables ambientais afectadas, experimentando interactivamente os seus efectos sobre o medio.<\/p>\n<h3>Desaf\u00edos do oc\u00e9ano: cient\u00edficas ao mando<\/h3>\n<p>Tam\u00e9n relacionado coa contorna mari\u00f1a, esta convocatoria financiar\u00e1 con 18.000 euros o proxecto <em>Desaf\u00edos do oc\u00e9ano: cient\u00edficas ao mando<\/em>, unha proposta do Campus do Mar para crear unha miniserie documental de seis cap\u00edtulos de 15 minutos de duraci\u00f3n para dar a co\u00f1ecer a investigaci\u00f3n que desenvolven mulleres cient\u00edficas das instituci\u00f3ns que pertencen ao campus de excelencia internacional. As protagonistas das pezas ser\u00e1n Celia Olabarr\u00eda, Luc\u00eda Vi\u00f1as, Marta \u00c1lvarez, Ana Bernabeu, Silvia Torres e Carmen Gonz\u00e1lez Sotelo, que abordar\u00e1n temas accesibles pero de especial relevancia como as especies invasoras, os pl\u00e1sticos mari\u00f1os, a erosi\u00f3n costeira, a acidificaci\u00f3n oce\u00e1nica, os eventos extremos e a sostibilidade da pesca. O proxecto tam\u00e9n comprende a celebraci\u00f3n dun concurso para alumnado de 1\u00ba de Bacharelato da rama cient\u00edfica de toda Espa\u00f1a, na procura de 12 mozos e mozas que poder\u00e1n gozar dunha estad\u00eda de dous d\u00edas cunha das cient\u00edficas protagonistas da miniserie. A finalidade \u00e9 que se involucren no d\u00eda a d\u00eda do traballo de investigaci\u00f3n cient\u00edfica mari\u00f1a e participen, de forma activa, no cap\u00edtulo da miniserie, establecendo un di\u00e1logo entre as cient\u00edficas e o alumnado participante.<\/p>\n<h3>Divulga-AQUIS<\/h3>\n<p>Tam\u00e9n relacionado coa auga, desta volta a termal, o proxecto <em>divulga-AQUIS<\/em> pretende afondar na importancia cultural e cient\u00edfica dun recurso natural de vital importancia. Coordinado pola profesora Mar\u00eda Luisa R\u00faa, do Departamento de Qu\u00edmica Anal\u00edtica e Alimentaria, aspira a \u201calimentar o orgullo polo medio natural m\u00e1is pr\u00f3ximo, a s\u00faa historia e o valor da s\u00faa conservaci\u00f3n, as\u00ed como incidir na universalidade da curiosidade humana como motor para afondar nos fen\u00f3menos naturais complexos\u201d. As actividades realizaranse en colaboraci\u00f3n co IES Aquis Querquernis, de Bande, cuxos estudantes traballar\u00e1n na elaboraci\u00f3n de material did\u00e1ctico sobre catros eixos tem\u00e1ticos: a vida en condici\u00f3ns extremas, a biotecnolox\u00eda para unha industria sostible, o medio ambiente e a influencia das fontes termais na pegada do Imperio Romano. Os resultados, en formato de fichas did\u00e1cticas, paneis expositivos, v\u00eddeos, webs, etc. presentaranse tanto \u00e1 poboaci\u00f3n da comarca como ante un p\u00fablico cient\u00edfico especializado. Este proxecto recibe da FECYT 2175 euros.<\/p>\n<h3>Microrreservas de praia<\/h3>\n<p>A\u00ednda que coordinado pola empresa Hydrosphere, a Universidade de Vigo tam\u00e9n participa no proxecto <em>Microrreservas de praia: a concienciaci\u00f3n social como elemento clave na recuperaci\u00f3n de areais<\/em>, un proxecto piloto que se vai desenvolver no concello de Nigr\u00e1n. Cunha subvenci\u00f3n da FECYT de 10.000 euros, esta iniciativa trata de po\u00f1er en valor o patrimonio natural de praias que actualmente est\u00e1n orientadas ao ocio, achegando o co\u00f1ecemento cient\u00edfico \u00e1 cidadan\u00eda e fac\u00e9ndoa part\u00edcipe da s\u00faa conservaci\u00f3n e renaturalizaci\u00f3n. Para conseguilo, porase en marcha unha campa\u00f1a de participaci\u00f3n p\u00fablica e concienciaci\u00f3n social innovadora, baseada na creaci\u00f3n de microrreservas en praia Am\u00e9rica, coas que se pretende restrinxir a intervenci\u00f3n humana e evitar o impacto causado por actividades como as pisadas continuas ou os labores de limpeza. A finalidade \u00e9 manter estas zonas libres de alteraci\u00f3ns e favorecer unha renaturalizaci\u00f3n progresiva, para o seu uso como aulas vivas de educaci\u00f3n ambiental, onde impartir talleres did\u00e1cticos para todos os p\u00fablicos.<\/p>\n<h3>Ciencia de ida e volta<\/h3>\n<p>Finalmente, esta convocatoria da FECYT tam\u00e9n financia con 18.000 euros a proposta presentada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica da UVigo titulada <em>Ciencia de ida e volta<\/em>, que ten como finalidade incrementar a cultura cient\u00edfica da contorna e conseguir que a cidadan\u00eda sexa m\u00e1is consciente de \u201cata que punto convivimos a diario coa ciencia e a tecnolox\u00eda e como afecta \u00e1 nosa vida para convertelos en socios e c\u00f3mplices da investigaci\u00f3n\u201d. O concepto de &#8220;ida e volta&#8221;, explican, \u201ctrata de exemplificar o percorrido circular da ciencia, como as necesidades e as achegas da cidadan\u00eda empurran o avance da ciencia, como os resultados das investigaci\u00f3ns cient\u00edficas poden ser aplicadas \u00e1 sociedade e mellorar a nosa vida no sentido m\u00e1is amplo da expresi\u00f3n e como, \u00e1 s\u00faa vez, a cidadan\u00eda pode plantexar novos retos, complementar e apoiar aos investigadores\/as\u201d. O proxecto comprende a organizaci\u00f3n de diferentes actividades, como un obradoiro de astronom\u00eda, unha feira cient\u00edfica, un concurso de v\u00eddeos ou acci\u00f3ns co gallo dos d\u00edas mundiais da sa\u00fade ou dos oc\u00e9anos.<br \/>\nFonte: <a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/fecyt-financia-seis-proxectos-divulgacion-cientifica-ciencia-cidada-uvigo\">DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Seis proxectos da Universidade de Vigo para fomentar o co\u00f1ecemento cient\u00edfico entre a sociedade e incentivar as actividades de ciencia cidad\u00e1 acaban de obter o reco\u00f1ecemento da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia y Tecnolog\u00eda. Estas seis propostas, que recibir\u00e1n un financiamento de m\u00e1is de 110.000&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":18957,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[179],"tags":[],"class_list":["post-18956","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18956","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18956"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18956\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18958,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18956\/revisions\/18958"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18957"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18956"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18956"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/domar.campusdomar.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18956"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}